Tal e como temos
acordado na xuntanza de Comisión Coordinadora Galega das Marchas da Dignidade en Compostela o día 5 de setembro, o vindeiro 20 de outubro mobilizámonos en Galiza para
sumar Dignidade do Pobo no rexeite estatal ós premios da Vergoña:
[“VergÜEnza”].
O Premio Princesa de
Asturies á Concordia 2017 outorganllo a Unión Europea!!!
Este premio, din que se
concede a quen desenvolva un labor que “contribúa, de xeito extraordinario e a
nivel internacional, á defensa e xeneralización dos dereitos humanos, ó fomento
e protección da paz, da liberdade, da solidariedade, do patrimonio mundial e,
en xeral, ao progreso da humanidade”.
Velaiquí o xurado que deliberou
e concendeu o premio nesta categoría: “PREMIO
DA CONCORDIA”
Teresa Mallada,
Presidenta de Hunosa, Antonio Brufau Niubó. Presidente de Repsol, Sol Daurella
Comadrán. Presidenta de Coca-Cola European Partners, José Manuel Entrecanales
Domecq. Presidente Executivo de Acciona.
Está ben as claras que
está composto por persoas que tamén se caracterizan por desenvolver ese labor
de xeito extraordinario.
É de coña!!!,
insultante para calquera persoa con DIGNIDADE.
Unha provocación en
toda regla. Distínguese, nada menos que co PREMIO A CONCORDIA, a unha
institución que pon alambradas e pecha fronteiras, que somentes amosa
xenerosidade e sumisión co capital en tanto fomenta a desigualdade e a
insolidaridade entre as persoas, e entre os pobos, impoñendo reformas laborais,
recortes de servizos públicos..., e asfixiando á clase traballadora para pagar unha
débeda que non é nosa.
A Columna Galega das MMdD imos aló.
Haberá autocares para o día 20 (ida e volta no
día) ó prezo de 5 euros. Unha vez organizada a viaxe informaremos neste mesmo
blogue das distintas paradas e horarios.
ANÓTATE XA NO FORMULARIO PUBLICADO ON LINE.
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSeHtzYMlzV_ZDvhHa3kEe2qWtBnmuNdgNFwK8SSbISmZzEKZw/viewform
Ningún comentario:
Publicar un comentario