xoves, 5 de outubro de 2017

Avance do programa de rexeitamento ós Premios da Vergoña… (de la VergÜEnza). Semana de mobilización das MMdD en Asturies

Este ano o Premio á Concordia concederanllo á Unión Europea (UE). porque, segundo reza nas propias bases dos premios, ao parecer: ”contribúe, de xeito extraordinario e a nivel internacional, á defensa e xeneralización dos dereitos humanos, ó fomento e protección da paz, da liberdade, da solidariedade, do patrimonio mundial e, en xeral, ó progreso da humanidade”

O Programa diseñado polos compas de Asturies pretende cubrir actos e actividade durante  toda a semana :
TALLERES, CHARLAS, DEBATES. donde alguns dos temas a tratar serán:
“Refuxiados e inmigrantes”
“Autodeterminación dos pobos”
“Presentacion do libro “Doris Benegas, una luchadora del pueblo” https://ultimocero.com/noticias/2017/03/08/presentacion-del-libro-doris-benegas-una-luchadora-del-pueblo/

Haberá grupos de teatro e “Performance” así como representación de distintas organizacions (Caravana abriendo fronteras, representantes da causa do Sahara e de Palestina, MMdD de Catalunya etc..)

ACAMPADA do 18 ó  20 de outubro.

Día 20 as 16:00h MANIFESTACIÓN dende a praza do Concello polo casco antigüo ate a Praza da Escandalera moi preto do Teatro Campoamor donde se celebrará a “ceremonia” de entrega dos premios.

Día 20 as 18:00h CONCENTRACIÓN  na Praza da Escandalera para amosar o noso rexeitamento á entrada “dos importantes” no teatro Campoamor donde recollerán os Premios da Vergoña .                                                                                         “VergÜEnza”

Ningún comentario:

Publicar un comentario