venres, 13 de outubro de 2017

domingo, 8 de outubro de 2017

Autobús da Columna Galega das MMdD a Asturies. 20-O PREMIOS DA VERGOÑA. Anótate xa!!!

O ruido que estamos a sentir estos días, pode non deixa escoitar moitas cousas, como por exemplo que lle deron o Premio Princesa de Asturias da Concordia á Unión Europea.
Sí.  Á mesma organización que deixa morrer a persoas todos os días no Mediterráneo, á mesma que non cumpriu coa convención de Xenebra no tema dos refuxiados, a mesma que non cumpriu o seu propio compromiso de acollida…
Por iso iremos a Uviéu a berrar contra os premios da vergoña, por iso as Marchas da Dignidade de todo o estado xunto con moitas outras organizacions estaremos alí para amosar DIGNIDADE FRONTE Á VERGOÑA.


Temos AUTOBUSES  DENDE GALIZA. Ver horarios e horas de paso no cuadro de embaixo. Axudamos no prezo do billete. Só custa  5€, ida e volta.
HORARIOS E PERCORRIDO BUS

Liga aquí ó Manifesto, "Los premios de la vergÜEnza":  (Fartones VI)





xoves, 5 de outubro de 2017

Avance do programa de rexeitamento ós Premios da Vergoña… (de la VergÜEnza). Semana de mobilización das MMdD en Asturies

Este ano o Premio á Concordia concederanllo á Unión Europea (UE). porque, segundo reza nas propias bases dos premios, ao parecer: ”contribúe, de xeito extraordinario e a nivel internacional, á defensa e xeneralización dos dereitos humanos, ó fomento e protección da paz, da liberdade, da solidariedade, do patrimonio mundial e, en xeral, ó progreso da humanidade”

O Programa diseñado polos compas de Asturies pretende cubrir actos e actividade durante  toda a semana :
TALLERES, CHARLAS, DEBATES. donde alguns dos temas a tratar serán:
“Refuxiados e inmigrantes”
“Autodeterminación dos pobos”
“Presentacion do libro “Doris Benegas, una luchadora del pueblo” https://ultimocero.com/noticias/2017/03/08/presentacion-del-libro-doris-benegas-una-luchadora-del-pueblo/

Haberá grupos de teatro e “Performance” así como representación de distintas organizacions (Caravana abriendo fronteras, representantes da causa do Sahara e de Palestina, MMdD de Catalunya etc..)

ACAMPADA do 18 ó  20 de outubro.

Día 20 as 16:00h MANIFESTACIÓN dende a praza do Concello polo casco antigüo ate a Praza da Escandalera moi preto do Teatro Campoamor donde se celebrará a “ceremonia” de entrega dos premios.

Día 20 as 18:00h CONCENTRACIÓN  na Praza da Escandalera para amosar o noso rexeitamento á entrada “dos importantes” no teatro Campoamor donde recollerán os Premios da Vergoña .                                                                                         “VergÜEnza”

O día 20 de outubro a Columna Galega das MMdD imos a Asturies por DIGNIDADE E VERGOÑA…“Premios de la VergÜEnza”.

Tal e como temos acordado na xuntanza de Comisión Coordinadora Galega das Marchas da Dignidade en Compostela o día 5 de setembro, o vindeiro 20 de outubro mobilizámonos en Galiza para sumar Dignidade do Pobo no rexeite estatal ós premios da Vergoña:
[“VergÜEnza”].

O Premio Princesa de Asturies á Concordia 2017 outorganllo a Unión Europea!!!
Este premio, din que se concede a quen desenvolva un labor que “contribúa, de xeito extraordinario e a nivel internacional, á defensa e xeneralización dos dereitos humanos, ó fomento e protección da paz, da liberdade, da solidariedade, do patrimonio mundial e, en xeral, ao progreso da humanidade”.

Velaiquí o xurado que deliberou e concendeu o premio nesta categoría:  “PREMIO DA CONCORDIA”
Teresa Mallada, Presidenta de Hunosa, Antonio Brufau Niubó. Presidente de Repsol, Sol Daurella Comadrán. Presidenta de Coca-Cola European Partners, José Manuel Entrecanales Domecq. Presidente Executivo de Acciona.
Está ben as claras que está composto por persoas que tamén se caracterizan por desenvolver ese labor de xeito extraordinario.

É de coña!!!, insultante para calquera persoa con DIGNIDADE.

Unha provocación en toda regla. Distínguese, nada menos que co PREMIO A CONCORDIA, a unha institución que pon alambradas e pecha fronteiras, que somentes amosa xenerosidade e sumisión co capital en tanto fomenta a desigualdade e a insolidaridade entre as persoas, e entre os pobos, impoñendo reformas laborais, recortes de servizos públicos..., e asfixiando á clase traballadora para pagar unha débeda que non é nosa.

A Columna Galega das MMdD imos aló.
Haberá autocares para o día 20 (ida e volta no día) ó prezo de 5 euros. Unha vez organizada a viaxe informaremos neste mesmo blogue das distintas paradas e horarios.  
ANÓTATE XA NO FORMULARIO PUBLICADO ON LINE.
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSeHtzYMlzV_ZDvhHa3kEe2qWtBnmuNdgNFwK8SSbISmZzEKZw/viewform

mércores, 4 de outubro de 2017

A Censura chega a Redondela: O Concello retira unha exposición fotográfica por queixas da policía.

Inconcibible que se teña que facer público esto no século XXI, nun país democrático. .¿...?
Comunicado a prol da LIBERDADE DE EXPRESIÓN e contundente rexeitamento a actitude do grupo de goberno do PP no Concello de Redondela, que ordena  RETIRAR UNHA MOSTRA FOTOGRÁFICA (arma de destrucción masiva), que recolle documentos gráficos de fai uns anos na vila,  moitos deles publicados na prensa naquelas datas, co gallo das manifestacións en defensa dos postos de traballo e da actividade industrial na comarca ante o peche da fábrica Regojo.
Non é só en Catalunya, tamén en Redondela o PP pretende AMORDAZAR ó pobo máis non o vai a coseguir……Que se vaian xa!!!   o problema son eles.