As Marchas da
Dignidade, dentro da súa defensa dos servizos públicos, esixe a
retirada da Reforma da Lei Galega de Saúde de 2008. O motivo
principal da nosa oposición é debido a que con esta reforma, o
goberno galego pretende consolidar o proceso de privatización da
sanidade pública, supoñendo un paso atrás no progreso e millora do
sistema público de saúde.
Esta reforma
eliminará catro áreas sanitarias comarcais e creará distritos, cun
claro obxectivo de proseguir no desmantelamento dos hospitais
comarcais, o que implica unha barreira para o acceso a saúde pública
de gran parte da cidadanía galega, especialmente a xente maior do
rural, un grupo de persoas especialmente vulnerable.
A reforma da lei
garante definitivamente a participación do sector privado no ámbito
investigación e a educación con axuda dos orzameantos públicos.
Consideramos que os ámbitos da saúde e da sanidade deben quedar
afastados da especulación e da persecución de calquera beneficio
que non sexa a millora da saúde da cidadanía, e que os progresos
das futuras investigación repercutan exclusivamente nas institucións
públicas e, en definitiva, en toda a cidadanía.
Rexeitamos tamén a
reorganización da participación dos consellos de saúde, que seguen
a ser meros órganos consultivos sen ningún poder executivo,
formados polos concellos, sindicatos, organización empresariais e
asociacións de pacientes, pero quedando fora deles as asociacións
veciñais, cidadás e de calquera outro tipo que loiten pola millora
do noso sistema sanitario público.
Este anteproxecto de
lei non é un feito aillado. Ao mesmo tempo que o goberno de Feijoo o
promove, en Madrid e Cataluña proponse modificacións semellantes
dos seus sistemas sanitarios, á vez que no Congreso dos Deputados e
no Senado, adaptarase a lexislación española ás normativas
europeas 2014/23/UE y 2014/24/UE para garantir e avanzar no proceso
privatizador dos sistemas de saúde.
Ao mesmo tempo a CEOE lanza a campaña “Pacto por la defensa de la Sanidad Privada” co obxectivo de entrar a facer negocio coa nosa saúde e cos orzamentos públicos. Os gobernos criminais da dereita levan a cabo pouco a pouco, ás nosas costas, con nocturnidade e alevosía, o dictamen das multinacionais para converter os sistemas de saúde en beneficios para estas empresas.
Ao mesmo tempo a CEOE lanza a campaña “Pacto por la defensa de la Sanidad Privada” co obxectivo de entrar a facer negocio coa nosa saúde e cos orzamentos públicos. Os gobernos criminais da dereita levan a cabo pouco a pouco, ás nosas costas, con nocturnidade e alevosía, o dictamen das multinacionais para converter os sistemas de saúde en beneficios para estas empresas.
É un tema moi grave
que non podemos deixar pasar, loitando con todas as nosas forzas
contra este ataque masivo a un dereito fundamental como é a sanidade
pública.
En defintivia,
unímonos ás críticas do resto dos colectivos que xa se
pronunciaron ao respecto, e rexeitamos taxantemente este anteproxecto
de lei, apoiando as mobilizacións dos colectivos que loitan
honestamente pola defensa da sanidade pública. Desde as Marchas da
Dignidade dicimos NON á privatización da sanidade, NON á
privatización dos servizos públicos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario