Vigo, O
Morrazo, Redondela, A Coruña, Ferrolterra, Compostela e Barbanza.
- Sindicatos: CUT - STEG – S.E. - CGT - SF-Intersindical-– S.L.G
- Colectivos e Movementos sociais: Modepen – PHA – Vamos-
- Partidos Políticos: FC.SM – EU/IU – Podemos A Coruña – PCG- Corrente Vermella-
Nutrida
e plural asistencia a esta convocatoria donde se mantivo un intenso debate de máis
de dúas horas de duración con moita participación; 33 turnos de palabra para
cumplimentar a totalidade dos puntos da orde do día propostos.
Conclusións
e acordos:
As
Marchas da Dignidade teñen que ser fieis ós seus principios, a aqueles
postulados e acordos de mínimos que no ano 2014 conseguiron levar máis de millón
e medio de persoas a Madrid, seguir na
procura do empoderamento do pobo fronte as políticas neoliberais, fronte ó
réxime do 78, fronte o fascismo que rexurde e fronte a este capitalismo
depredador que nos mata porque, a pesar dos boicots (externos e internos), son
o único movemento aglutinador, de
resposta unitaria (movemento de movementos en pe de igualdade) con capacidade real de mobilización.
Ainda
que compre correxir eivas organizativas, é imprescindible manter o movemento, consolidalo
e amplialo, indo na procura de fórmulas que
revitalicen “as Marchas” en todo o País e por iso se asume, unánimemente, como proposta inicial o
documento plantexado dende a Comarca de Lemos para trasladar, con carácter inmediato,
o debate a todas as Comarcas Galegas:
Con
respecto a futuras mobilizacions, acórdase:
- Crear unha comisión composta por 4 persoas, dúas da Galiza norte e dúas do sur, que proporán unha resolución de rexeitamento por parte da Coordinadora Galega á proposta da Xunta de Galicia de reformar a lei de saúde que, “con nocturnidade e alevosía” no seu anteproxecto tramitado en pleno mes de agosto, pretende precarizar ainda mais, asumindo incluso o incremento de risco de mortalidade, un servizo público esencial a cidadanía, e as condicions de traballo dos profesionais sanitarios ca proposta de mudar as áreas sanitarias actualmente establecidas por “novas estructuras organizativas de xestion integrada” feitas “ad oc” e baseadas únicamente en criterios mercantilistas e economicistas… “A saúde do pobo non se negocia”.
- Apoio da Plataforma Galega das MMdD a semán de loita feminista previa ó 7 de outubro.
- Apoio a mobilización en Asturias o 21-O crítica ca organización dos Premios Princesa de Asturias e cos “fartóns” que acuden.
- Desacordo con calquera mobilización centralizada a nivel estatal, das Marchas da Dignidade, antes da primavera de 2018.
Debate
fructífero que tamén deu resposta as propostas de debate territorial emanadas
da derradeira Asemblea Estatal do 17 de Xuño polo que a Delegación Galega na vindeira
Asemblea Estatal do 9 de Setembro en Barcelona trasladará o que resumimos nos
seguintes termos:
Apoio da Plataforma Galega ó dereito a decidir das persoas e dos pobos,
como xa se recolle nos documentos fundacionais do 2014, e neste intre, apoio concreto á "consulta" e a decisión que democráticamente adoite o pobo catalán o 1 de outubro.
Na Galiza o tema ideolóxico-político
dentro das Marchas da Dignidade está despexado. O método de consenso é
indispensable e, para nós, o manifestó do 2014 segue a estar máis vixente que nunca.
Entendo que habería que facer referencia a que en moitas intervenciós se planteu a necesidade de espallar os obxectivos de denuncia da violacións dos Dereitos Humanos, conservacioniatas, sanitarios e educativos... de crear dispositivos de información para contrarrestar a desinformación dos "medios". Penso que serîa bo crear grupos ou comisións de traballo, para elaborar propostas para debater no pleno: celulas de información, creacion e promocion de enquisas, recollida de firmas, promover INICIATIVAS POPULARES LEXISLATIVAS (ILP)... Coordinación das relacions entre as entidades Sociais presentes resolvendo conflictos e recollendo acordos concretos entre as entidades presentes.
ResponderEliminar