venres, 29 de setembro de 2017

D e m o c r a c i a !!!

Mañán tod@s nós, o pobo, temos unha cita caDEMOCRACIA

           Imossss!!!



Vai namentres aquí a letra de L'ESTACA
traducida ó galego  


O avó Siset falava de bóa mañan no portal namentres o abrente agardávamos, mirando os carros pasar.
Siset: Ti non ves a estaca donde nos teñen atados?  Se non atinamos a ceivarnos nunca poderemos camiñar!
Todas puxando caerá,  e moito tempo non há durar, seguro que cae, cae, cae, tornando a podre ha de estar xa.
Se puxo forte cara aqui, ti puxas forte cara lá, seguro que cae, cae, cae, e havemonos ceivar.
Mais, Siset, fai moito tempo que teño as máns esfoladas e cando as forzas me fallan, ela está mais forte e mais grande.
Ben sei ca estaca está podre, máis…pesa tanto, Siset !!, que às veces fico sen forza,
Repite entón o cantar.
Todas puxando caerá,  e moito tempo non há durar, seguro que cae, cae, cae, tornando a podre ha de estar xa..
Se puxo forte cara aqui, ti puxas forte cara lá, seguro que cae, cae, cae, e havemonos ceivar.
O avó Siset xa non di nada, un vento malo levouno, só el sabe para onde, e eu sigo embaixo no portal.
E en tanto que os novos “vailets” pasan, eu ergo o pescozo pra cantar o derradeiro canto do Siset… o derradeiro que me ensinou:
Todas puxando caerá,  e moito tempo non há durar, seguro que cae, cae, cae, tornando a podre ha de estar xa..
Se puxo forte cara aqui, ti puxas forte cara lá, seguro que cae, cae, cae, e havemonos ceivar.


xoves, 7 de setembro de 2017

Comunicado das Marchas da Dignidade sobre o Proxeto de Reforma da Lei Galega de Saúde do ano 2008,











As Marchas da Dignidade, dentro da súa defensa dos servizos públicos, esixe a retirada da Reforma da Lei Galega de Saúde de 2008. O motivo principal da nosa oposición é debido a que con esta reforma, o goberno galego pretende consolidar o proceso de privatización da sanidade pública, supoñendo un paso atrás no progreso e millora do sistema público de saúde.

Esta reforma eliminará catro áreas sanitarias comarcais e creará distritos, cun claro obxectivo de proseguir no desmantelamento dos hospitais comarcais, o que implica unha barreira para o acceso a saúde pública de gran parte da cidadanía galega, especialmente a xente maior do rural, un grupo de persoas especialmente vulnerable.

martes, 5 de setembro de 2017

CELEBRADA HOXE EN COMPOSTELA XUNTANZA DA COMISIÓN COORDINADORA GALEGA DAS MARCHAS DA DIGNIDADE



Asisten un total de 24 persoas que representan a 14 organizacións e 7 Plataformas Comarcais das que conforman a Columna Galega das MMdD.




Plataformas Comarcáis:  
Vigo, O Morrazo, Redondela, A Coruña, Ferrolterra, Compostela e Barbanza.


Organizacións:
  • Sindicatos: CUT - STEG – S.E. - CGT - SF-Intersindical-– S.L.G
  • Colectivos e Movementos sociais:  Modepen – PHA – Vamos-  
  • Partidos Políticos:  FC.SM – EU/IU – Podemos A Coruña – PCG- Corrente Vermella-
Excusan:  Ames Novo, Comarca da Estrada e Comarca de Lemos que envía una proposta organizativa para debatir que se adxunta.

Nutrida e plural asistencia a esta convocatoria donde se mantivo un intenso debate de máis de dúas horas de duración con moita participación; 33 turnos de palabra para cumplimentar a totalidade dos puntos da orde do día propostos.

Conclusións e acordos:
As Marchas da Dignidade teñen que ser fieis ós seus principios, a aqueles postulados e acordos de mínimos que no ano 2014 conseguiron levar máis de millón e medio de persoas a Madrid,  seguir na procura do empoderamento do pobo fronte as políticas neoliberais, fronte ó réxime do 78, fronte o fascismo que rexurde e fronte a este capitalismo depredador que nos mata porque, a pesar dos boicots (externos e internos), son o único movemento aglutinador,  de resposta unitaria (movemento de movementos en pe de igualdade)  con capacidade real de mobilización.
Ainda que compre correxir eivas organizativas, é imprescindible manter o movemento, consolidalo e amplialo,  indo na procura de fórmulas que revitalicen “as Marchas” en todo o País e por iso se  asume, unánimemente, como proposta inicial o documento plantexado dende a Comarca de Lemos para trasladar, con carácter inmediato, o debate a todas as Comarcas Galegas:

Con respecto a futuras mobilizacions, acórdase:
  • Crear unha comisión composta por 4 persoas, dúas da Galiza norte e dúas do sur, que proporán unha resolución de rexeitamento por parte da Coordinadora Galega á proposta da Xunta de Galicia de reformar a lei de saúde que, “con nocturnidade e alevosía” no seu anteproxecto tramitado en pleno mes de agosto, pretende precarizar ainda mais, asumindo incluso o incremento de risco de mortalidade, un servizo público esencial a cidadanía, e as condicions de traballo dos profesionais sanitarios ca proposta de mudar as áreas sanitarias actualmente establecidas por “novas estructuras organizativas de xestion integrada” feitas “ad oc” e baseadas únicamente en criterios mercantilistas e economicistas…  “A saúde do pobo non se negocia”.
  • Apoio da Plataforma Galega das MMdD a semán de loita feminista previa ó 7 de outubro.
  • Apoio a mobilización en Asturias o 21-O crítica ca organización dos Premios Princesa de Asturias e cos “fartóns” que acuden.
  • Desacordo con calquera mobilización centralizada a nivel estatal, das Marchas da Dignidade, antes da primavera de 2018.

Debate fructífero que tamén deu resposta as propostas de debate territorial emanadas da derradeira Asemblea Estatal do 17 de Xuño polo que a Delegación Galega na vindeira Asemblea Estatal do 9 de Setembro en Barcelona trasladará o que resumimos nos seguintes termos:
Apoio da Plataforma Galega ó dereito a decidir das persoas e dos pobos, como xa se recolle nos documentos fundacionais do 2014, e neste intre, apoio concreto á "consulta" e a decisión que democráticamente adoite o pobo catalán o 1 de outubro.
Na Galiza o tema ideolóxico-político dentro das Marchas da Dignidade está despexado. O método de consenso é indispensable e, para nós, o manifestó do 2014 segue a estar máis vixente que nunca.

venres, 1 de setembro de 2017

AUTOCONVOCATORIA PARA NOVA XUNTANZA DA COMISIÓN COORDINADORA GALEGA DAS MARCHAS DA DIGNIDADE.

DÍA: martes, 5 de setembro 
HORA:   17:00h 
LUGAR:  Casa das Asociacións en Cornes, Rúa Manuel Beiras, 3  - Santiago de Compostela.


Despóis de máis de 3 anos dende aquel 22M, e de todo o acontecido ata hoxe, é importante manter un debate sosegado, plural, sinceiro e leal do que foron, do que son e sobre todo do rumbo que lle queremos dar cara o futuro a este movemento de movementos, si pulamos pola ruptura co réxime do 78 e polo empoderamento da clase traballadora para conquerir PAN, TRABALLO E TEITO para todas e todos.
É importante seguir mantendo unha Plataforma Galega viva, forte, cohesionada e reivindicativa no noso país, máis tamén é moi importante seguir contribuindo, como Columna Galega, a fortalecer un movemento estatal que de xeito coordinado ten demostrado que pode asestar golpes letais ó réxime. 
É por isto, e por aqueloutro, que compre garantir nesta xuntanza máxima asistencia de todos colectivos, organizacións e plataformas locais e comarcais que formamos parte da Columna Galega a máis tendo en conta a inminente celebración de unha Asemblea Estatal o vindeiro día 9 de Setembro en Barcelona na que Galiza, como o resto de territorios, contamos con tres representantes. 

DESCARGA AQUÍ O DOCUMENTO EN PDF.