O pasado 27 de maio, unha vez máis, as MMdD demostramos
que seguimos vivas…, “e coleando”. Unha magoa que o contador
gubernamental se parara en seis mil por que, uns centos de miles de homes e
mulleres con dignidade procedentes das distintas nacións e territorios do
estado español xunto co pobo concienciado de Madrid, volvemos a ateigar as rúas
da capital.
Grazas a todos e a todas as que vos mobilizastes, ás persoas dignas do
tren, ás dos autobuses e as que viaxaron en decenas de coches particulares.
Grazas, mil, tamén a todas as que co seu esforzo e traballo fixeron grande e
digna esta mobilización e os milleiros
de galegas e galegos na “diáspora madrileña” que ca súa presenza contribuiron a
facer unha fermosa e reivindicativa columna
galega dentro do BLOQUE SOLIDARIEDADE.
VIDEO MOBILIZACIÓN COLUMNA GALEGA O 27M - 12 min. (0 a 11:42)
VIDEO ACTO FINAL LECTURA COMUNICADO 27M - 22min. (11:42 a 33:24)
Ben as claras quedou que as MMdD seguen a ser, para
milleiros de persoas rebeldes, a referencia da mobilización real, a
referencia posible da unidade obreira e popular na rúa. A xuntanza de lumes
onde temos cabida todas e todos, sempre que sexa para construir e atizar a
loita e non para poñerse cada seis meses diante dunha faixa para una foto
calisqueira ou para parasitar este movemento de movementos.
Non podemos obviar nesta breve crónica da
participación galega no 27M o antedito, porque é pública, notoria e descarada a
pretensión de distintos espectros da política e do sindicalismo, non so do
réxime, de dar por finiquitadas e liquidar as Marchas da Dignidade, ou
mesmo de sectores con minúscula representación, rémoras -cando non “parásitos”- que
embutidos nun pelexo nostálxico e atemporal pretenden esterilizar o traballo de
masas con políticas sectarias e verborreicas. Nese sentido as MMdD teremos e deberemos
de dar o debate de clarificación para atinar máis e millor no futuro.
Efectivamente Madrid encheuse de rebeldía, dicíndolle “NON ÁS POLÍTICAS DA TROIKA”, dicíndolle ó PP “QUE SE VAIAN…”, porque rexeitamos que "CORRUPTOS" gobernen as nosas vidas. Dixémoslle ó PSOE e ó PP “QUE NON QUEREMOS
REFORMAS LABORAIS”, nin a dos primeiros nin a dos segundos, dixémolle ós
partidos do Réxime que “BASTA XA! DE REPRESIÓN”, que hai que abolir tanto a Lei
Mordaza como a Lei Corcuera, e que "NOS QUEREMOS VIVAS...", entre outras moitas consignas.
As Marchas da Dignidade, a pesares do boicot activo,
tanto na Galiza como no Estado Español, de determinados espectros da “pseudoesquerda”,
segue a ser a referencia da mobilización e nestes termos abordaremos a vindeira
Asemblea Estatal que terá lugar en Barcelona o vindeiro día 17 de xuño.
Imosss!!!!, Seguímos!!!.
Avante toda,
cas Marchas da Dignidade.
cas Marchas da Dignidade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario