xoves, 20 de abril de 2017

HOXE ROLDA DE PRENSA DA COLUMNA GALEGA NA PRAZA DO OBRADOIRO ---- O 27M VOLVEMOS A MADRID POLO PAN, TRABALLO, TEITO E IGUALDADE ----

No día de hoxe, cumplindo os acordos acadados na Comisión Coordinadora Galega das MMdD, unha nutrida e plural representación das distintas organizacions que formamos parte da Columna Galega mantivemos unha rolda de Prensa as 11:30 h na Praza do Obradorio en Compostela a que asistiron distintos medios de comunicación ainda que, a posteriori, a transcendencia mediática para darlle traslado a cidadanía da nosa proposta de mobilización fose pequena, como ven sendo habitual.
Deixamos aquí constancia da mesma facendo un chamamento a todas as galegas e os galegos a acudir connosco a Madrid o vinceiro 27 de maio para sumar e confluir con todas as columnas do estado que, nese día, nos daremos cita en Atocha.
POLO PAN, TRABALLO, TEITO E IGUALDADE 
O 27M  Imosssss!!!

NOTICIA: El Correo Gallego 21.04.2017




Ningún comentario:

Publicar un comentario