xoves, 9 de marzo de 2017

“XUNTAS E XUNTOS SOMOS MÁIS. E COA FORZA DE TOD@S ISTO TEN QUE CAMBIAR”. Recollemos aquí o lema das “Precarias da Xunta”, E O DÍA 11 EN VALLEKAS… NOVA ASEMBLEA ESTATAL DAS MARCHAS DA DIGNIDADE.

O 25F na mobilización descentralizada en todo o estado das MMdD en defensa das Pensións e dos Servizos Públicos, unha vez máis, demostramos que a UNIDADE É POSIBLE, NECESARIA E IMPRESCINDIBLE. Sinalamos que a ruta a seguir é a correcta: camiñar cara unha nova grande mobilización sobre Madrid neste 2017 porque ainda non conquerimos PAN, TRABALLO E TEITO PARA TODAS E TODOS.


En tanto…Onte:

Histórica mobilización do feminismo en todo o estado, incluindo unha folga de consumo e tarefas domésticas e un paro laboral e estudiantil simbólico de media hora, a mediodía, convocado pola confederación intersindical  que se SUMOU así as distintas accións convocadas en máis de 40 paises polo feminismo internacional. Impresionante a manifestación de Madrid.

http://www.revistagq.com/noticias/articulos/nosotras-paramos-dia-internacional-de-la-mujer/25654


…Hoxe:
Toda a comunidade educativa toma, de novo, as rúas. UNIDOS NA LOITA estudantes, país e nais e sindicatos de mestres e persoal laboral dende a Plataforma pola defensa da escola pública chaman a encher a rúas e vaciar as aulas este 9 de marzo.

E deica unha semana: 
O vindeiro xoves, 16 de marzo, o PERSOAL PRECARIO DAS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS MARCHARÁ POLAS RÚAS DE COMPOSTELA NUNHA NOVA “ BATALLA”  EN DEFENSA DO EMPREGO, EN DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS!


A loita é o único camiñó, todas as reivindicacións son lexítimas e xustas pero compre UNIDADE, GOLPES CONTUNDENTES COORDINADOS E ORGANIZADOS contra o réxime e iso é o que propoñemos dende as Marchas da Dignidade. SOMOS CLASE, SOMOS POBO, SOMOS PODER.

O vindeiro sábado, día 11, na parroquia de “Borromeo”, en Vallekas, está convocada a Asemblea Estatal das Marchas da Dignidade. Xunt@s analizaremos a situación, valoraremos o calendario de mobilizacions e tomaremos decisións para volver a Madrid TODAS E TODOS A UNHA. Esa é a liña de actuación que temos marcada dende o 2014 no movemento das Marchas da Dignidade e na que seguiremos traballando como único camiño posible para derrotar á troika, a este réxime, e aos gobernos que o sustentan. UNIDADE E TRANSVERSALIDADE NAS LOITAS, SEMPRE EN PÉ DE IGUALDADE….
“Xuntas e xuntos somos máis.
E coa forza de tod@s isto ten que cambiar”

Imossss!!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario