A Comisión
Coordinadora Galega das Marchas da Dignidade mantivemos, onte, xuntanza en
Compostela para debater, e acordar, sobre
a seguinte orde do día:
1.-Valoración da mobilización nacional
do 25F na Coruña
2.- Finanzas
3.- Información sobre a Asemblea
Estatal do día 11 en Vallekas
4.- O 27M to@s a Madrid.
Propostas de traballo para unha nova exitosa mobilización a Coluimna Galega.
A valoración do
25F tornouse moi positiva por parte de todalas organizacions asistentes ainda ca reserva autocrítica de que compre mellorar alguns aspectos organizativos cara o futuro.
Entre os acordos
acadados, todos por consenso, sinalamos o da necesidade de ingresar a cuota
2017, que corresponde á Columna Galega na conta estatal das Marchas, antes do 30
de marzo polo que compre solicitar a todalas organizacions que forman parte de
Colunma Galega que se poñan ao día nas
cuotas co estipulado, para cada unha, nos acordos da Asemblea de Teo.
Os datos co nº de conta e
cantidades poden atoparse neste mesmo blogue na seguinte ligazón:
O acordó máis
importante, unánime, e o de poñerse a traballar arreo, dende xa!, para que A DIGNIDADE GALEGA esté presente o 27 de maio en Madrid xunto co resto de columnas que acudirán dende
todos os pobos, rexions, comunidades e nacions do estado español a unha nova e
grande manifestación centralizada para seguir reclamando PAN, TRABALLO E TEITO.
Acordase
elaborar unha folla de ruta para fixar os distintos actos camiño do 27M e para difundir, financiar
e chamar a mobilización a todo o Pobo Galego. Negociaranse trenes e autobuses nas mellores
condicións posibles. Dende as Marchas dirixiremonos a todos os colectivos en
conflicto chamando a confluir nesta grande manifestación como xa fixeramos no
2014, e non deixamos de facer ainda despois do 25F/2017 dando apoio a
mobilizacións como as do 8M, 9M, 16M, hoxe mesmo na mobilización de Pescanova en
Vigo, etc…
“As Marchas somos
un movemento de movementos donde cabemos
tod@s, e tod@s somos necesarios para golpear forte, xunt@s e dunha sóa vez”. O
Primeiro de maio tomarase como data de referencia para chamar á imprescincible unidade
de clase de cara ao 27M en todas as mobilizacions que se convoquen.
O día 1 de Abril
dende a Columna Galega asistiremos a unha nova Asemblea Estatal en Vallekas
para poñer en común co resto de columnas o formato e a estratexia organizativa
da mobilización do 27M.
PAN, TRABALLO, TEITO E IGUALDADE será o lema para esta nova grande mobilización das
Marchas da Dignidade sobre Madrid o 27 de Maio.
P En defensa das
pensions públicas dignas e a cargo dos Presupostos. Non aos Pactos de Toledo
P Polo emprego
estable, salarios dignos e a renda básica: Derogación das reformas laborais
P Pola liberdade
d@s pres@s e procesad@s por loitar. Amnistía.
P Polo non ao
pago da débeda. UE e FMI fora xa daquí.
P Pola defensa
dos Servizos Públicos como dereitos esenciais.
PContra o feminicidio: Nos queremos vivas, nin unha menos.
Quedou ben as
claras que os procesos electorais non son suficientes para mudar as cousas, sin
mobilización non hai solución, nos nos queda outra que seguir loitando e que as
clases populares tomemos as rendas do noso futuro, nas rúas, “tod@s a unha”. “A loita é o
único camiño”
Imossss!!! O 27M todas e todos a Madrid.