xoves, 16 de febreiro de 2017

PERCORRIDO DEFINITIVO DAS COLUMNAS O 25F NA CORUÑA.

Informamos sobre o percorrido definitivo comunicado para as dúas columnas na manifestación do 25 de febreiro  que por mor de obras en algunhas rúas da Coruña nos vimos na obriga de modificar pactando co Concello.
Ben é certo que os cambios son pouco importantes, o máis significativo é o inicio da columna 1 que pasa da Estación de San Cristobal ó Pazo da Opera. Información importante para o destino dos autobuses que neste lugar teñen incluso mellor sitio para deixar á xente.
Estos cambios xa foron comunicados a autoridade competente.  Imossss!!!!!

https://www.facebook.com/images/emoji.php/v7/f25/1.5/16/27a1.png Columna 1: Concentración e saída desde o Pazo da Ópera, Avda. Arteixo, Juan Flórez, Marcial del Adalid, Federico Tapia, Fontán hasta a súa chegada á Praza de Ourense.
NO PAZO DA OPERA TERÁN O PUNTO DE ENCONTRO AS COMARCAS QUE CONFORMARÁN A COLUMNA 1:  Ourense, O Carballiño, O Ribeiro, Vigo, Morrazo, Pontevedra, Arousa, Barbanza, Compostela e A Estrada-Lalín.

https://www.facebook.com/images/emoji.php/v7/f25/1.5/16/27a1.png Columna 2: Concentración e saída desde Campo da Leña, Panadeiras, Orzán, Pórtico de San Andrés, San Andrés, Praza de Pontevedra, Teresa Herrera, Praza de Lugo, Padre Feijoó e desembocadura na Praza de Ourense (coincidindo coa primeira columna nese punto).
NO CAMPO DA LEÑA TERÁN O PUNTO DE ENCONTRO AS COMARCAS QUE CONFORMARÁN A COLUMNA 2 :  A Coruña, Ferrol,  Monforte, Sarria, Lugo e a Mariña.
https://www.facebook.com/images/emoji.php/v7/f82/1.5/16/1f469_200d_1f469_200d_1f467_200d_1f467.png👩 Marcha conxunta das dúas columnas: A partir da Praza de Ourense, as columnas van xuntas por Sánchez Bregua, Praza de Mina, Cantón Pequeno, Cantón Grande, Obelisco e remate en Méndez Núñes onde será o acto final.
Desculpade os cambios xurdidos polos imponderables denantes comentados.

Ningún comentario:

Publicar un comentario