mércores, 1 de febreiro de 2017

ONTE A C.C. GALEGA DAS MMdD ACADAMOS ACORDOS PARA A MOBILIZACION DA COLUMNA GALEGA DAS MMdD EN FEBREIRO. O 25F TODAS E TODOS A CORUÑA. EN DEFENSA DAS PENSIONS, EN DEFENSA DO PÚBLICO


Onte, na xuntanza convocada en Compostela, acordouse por unanimidade dos asistentes levar a mobilización nacional do 25 de febreiro á Coruña. 
A máis das reivindicacións habituais, o tema protagonista desta manifestación galega, tamén coordinada a nivel estatal, será a defensa das pensións e dos servizos públicos. 
Esbozamos aquí un primeiro resumo do acordado:
Será a Plataforma de A Coruña a encargada de facer o deseño da mobilización na cidade con prioridade ao modelo de columnas de camiñantes que confluan na subdelegación ou na delegación do goberno estatal.  Teremos un manifesto que presentará un voceiro das asociacions de pensionistas. Haberá proposta de autobuses en todas as comarcas, cartaces, roldas de prensa e procuraranse medios alternativos de difusion na propia cidade. 
Do mesmo xeito, en breve, presentaremos unha escaleta/cronograma para acotar e distribuir as tarefas e trataremos de presentar, en tempo e forma, mocions de apoio a mobilización nos concellos  e no Parlamento Galego.  Ao remate do acto teremos festa rachada.

👪👨👨👧👧 As Marchas da Dignidade somos un movemento de loita onde todo o mundo ten cabida, somos unha confluencia na loita polos dereitos humanos, sociais, pola defensa da dignidade das persoas. Se queremos parar os pés ao poder financieiro, temos que seguir traballando pola unidade de todas as loitas.
Asistimos a xuntanza de onte. CUT- CGT- STEG - SF-Intersindical- SINDICATO DA ELEVACION- Plataforma de A Coruña- Plataforma de Vigo,- Plataforma de Redondela- Plataforma de O Morrazo- Vamos Galicia- PCG- Podemos- Fronte Cívica- EU/IU- Corrente Vermella e MODEPEN.
Excusaron e mostraron apoio aos acordos acadados: Plataforma Heptites - Platafoma do Val de Lemos- Plataforma de Sarria- Plataforma de A Estrada- Plataforma de Ourense- Plataforma de Ponteareas- Asociación de Amigos da Republica- AEMRE
Fotos da Xuntanza de onte na rúa do Sar en Compostela (sede da CUT)
EN DEFENSA DAS PENSIÓN PRESENTES E FUTURAS
A PROL DOS SERVIZOS PÚBLICOS....
POLO PAN, TRABALLO E TEITO
O 25F  TODAS E TODOS Á CORUÑA
POLA NOSA DIGNIDADE.........IMOSSSSS!!!!








Ningún comentario:

Publicar un comentario