sábado, 18 de febreiro de 2017

O LUNS, 20, ÁS 10;30h., UNHA DELEGACIÓN DA COLUMNA GALEGA DAS MMdD MANTERÁ UNHA XUNTANZA NO CONCELLO DA CORUÑA PARA TRASLADARLLE AO SEU ALCALDE, XULIO FERREIRO, OS PORMENORES DA MOBILIZACION NACIONAL QUE TERA LUGAR NESA CIDADE O 25 DE FEBREIRO EN DEFENSA DAS PENSIÓNS E DOS SERVIZOS PÚBLICOS. AO REMATE DESTA XUNTANZA HABERÁ UNHA ROLDA DE PRENSA AS PORTAS DO PAZO DE MARIA PITA.

Unha representación das Marchas da Dignidade reunirase co Alcalde de A Coruña, Xulio Ferreiro, o vindeiro luns 20 de febreiro ás 10.30 no Concello. O motivo da reunión é para explicar ao rexidor a mobilización do día 25 de febreiro, que traerá á cidade milleiros de persoas de toda Galicia para defender as pensións e os servizos públicos.
A plataforma tamén pedirá o apoio expreso do alcalde e do resto do grupo de goberno a esta manifestación, e animarán a participar na mesma.
Ao remate, haberá unha rolda cos medios por se necesitan coñecer os detalles e motivos da mobilización.

O día 25 de febreiro sairán ás 12.00 horas dúas columnas de manifestantes desde o Pazo da Ópera e o Campo da Leña para confluir na Praza de Ourense e, desde alí, marchar conxuntamente ata o palco da música de Méndez Núñez onde será o acto final.


Ningún comentario:

Publicar un comentario