mércores, 8 de febreiro de 2017

HOXE ESTIVEMOS FRONTE AO PARLAMENTO GALEGO CON MODEPEN E OS YAYOFLAUTAS CONCENTRADOS EN DEFENSA DAS PENSIONS. XUNTO CON ESTAS ORGANIZACIONS E TODAS AS QUE FORMAN PARTE DA COLUMNA GALEGA DAS MMdD MARCHAREMOS O 25 DE FEBREIRO POLAS RÚAS DA CORUÑA A PROL DAS PENSIÓNS, EN DEFENSA DO PÚBLICO. Imosss!!!!!!

O  25 de febreiro (o 28 en Andalucía), as Marchas da Dignidade van facer mobilizacións en todo o  estado pola defensa das pensións e dos servizos públicos. En Galicia, a mobilización será na Coruña. Haberá buses desde toda Galicia para mobilizarse  ese día ás 12:00 pm e reivindicar pan, traballo e teito para todas as persoas, como fixemos nas anteriores ocasións. Tamén poderán acudir en tren as persoas que o desexen.
A  Troika, é dicir, o poder económico, segue a mandar sen que ninguén os elexira para elo, e xa están a pedir recortes nas pensións, sanidade, educación e servizos públicos en xeral.  Piden recortes de máis de 8.000 millóns de euros mentres o estado rescata autoestradas de empresas amigas. A loita institucional non pode frear a Troika, é  necesaria a mobilización social para facerlles fronte. As institucións so poden chegar ata un punto, se chegan, a rúa ten que chegar moito máis aló.
En canto cheguen as medidas neoliberais impostas polo poder económico, PSOE+PP+CIUDADANOS van facer causa común para impoñelas, porque son os capataces da obra, os lacaios do poder  económico. E iso sin contar outras forzas como PNV ou a antigua Converxencia. Que ninguén pense que so coa loita institucional podemos gañar, as  institucións están para perpetuar o sistema, non para derrotalo, e nós  queremos derrotalo e poñelo ao servicio da xente.
É necesario que as Marchas da Dignidade, o movemento de loita unitaria, collan cada vez máis forza e sexamos quen de aunar o maior  número de loitas posible. A unidade nas loitas é o único camiño.  
E por iso que hoxe estivemos no fronte ao Parlamento con MODEPEN e os YAYOFLAUTOAS concentrados en defensa das Pensións, apoiando a campaña descentralizada que, a nivel estatal, tiñan convocada fronte aos parlamentos nacionais, rexionais e autonómicos en todo o estado a Coordinadora Estatal pola defensa do sistema público de pensions.


Ningún comentario:

Publicar un comentario