martes, 14 de febreiro de 2017

CONFORMACIÓN DAS COLUMNAS NA CORUÑA O 25F....EN DEFENSA DAS PENSIONS E DOS SERVIZOS PÚBLICOS.

A COLUMNA "A"  partirá ás 12 da mañá da Estación ferroviaria de S. Cristobal (Ronda de Outeiro) marchando por Capitán Juan Varela, Monforte, Fernando Rey, Juan Florez, Marcial de Adalid, Federico Tapia e Fontan ate a PRAZA DE OURENSE donde confluirá ca columna B.
Esta columna estará composta pola xente das comarcas seguintes: Ourense, O Carballiño, O Ribeiro, Vigo, Morrazo, Pontevedra, Arousa, Barbanza, Compostela e A Estrada-Lalín.  Os distintos autobuses fletados dende estas comarcas dirixiranse ao Estación ferroviaria de San Cristobal.
 A COLUMNA "B" partirá ás  12 da mañá do Campo da Leña marchando por Panaderas, Cordonería,  San Andrés, Praza de Pontevedra,, Teresa Herrera, Praza de Lugo, Padre Feijoo, ate a PRAZA DE OURENSE.
Esta columna a formará a xente das comarcas de: A Coruña, Ferrol,  Monforte, Sarria, Lugo e a Mariña.  Os distintos autobuses fletados dende estas comarcas dirixiranse ao Campo da Leña
Ás 12,30 da mañá, na PRAZA DE OURENSE, as dúas columnas formarán unha sóa que  marchará ate os Xardíns de Mendez Núñez polas rúas Sánchez Bregua, Praza de Mina, Cantón Pequeno e Cantón Grande.

Ás 13,00 horas terá lugar o peche do acto nos XARDINS DE MENDEZ NÚÑEZ donde presentará e amenizará o noso amigo contacontos, Lois Pérez Díaz, como xa o fixera no "Rodea a Muralla" en Lugo. A Lectura do manifesto correrá a cargo de unha persoa designada por MODEPEN.

A hora para retornar acordarase en cada autobús, Non está previsto facer comida conxunta polo que se recomenda levar bocadillo.


Ningún comentario:

Publicar un comentario