domingo, 26 de febreiro de 2017

AS MARCHAS DA DIGNIDADE ESTÁN MÁIS VIVAS E ACTIVAS QUE NUNCA. UNHA VEZ MÁIS O POBO GALEGO RESPONDE O CHAMAMENTO DAS MARCHAS DA DIGNIDADE E ISTE 25 DE FEBREIRO UNIDOS NA LOITA SINDICATOS ALTERNATIVOS, MOVEMENTOS SOCIAIS E PARTIDOS RUPTURISTAS CONGREGAN A MÁIS DE SETE MIL PERSOAS CHEGADAS DENDE TODOS OS CURRUNCHOS DA GALIZA E TOMAN AS RÚAS DA CORUÑA AO BERRO DE PAN, TRABALLO E TEITO EN DEFENSA DAS PENSIÓNS E DOS SERVIZOS PÚBLICOS.


Dúas Columnas, que congregaron a máis de sete mil persoas, percorreroan as rúas da Coruña este 25 de febrero convocadas polas Marchas da Dignidade en defensa das pensións e dos servizos públicos ao berro unánime de PAN, TRABALLO, TEITO E DIGNIDADE
Partindo da Praza da Opera e do Campo da Leña deronse cita na Praza de Ourense nun emotivo encontró, para camiñar xuntas ate os xardins de Mendez Núñez donde tivo lugar un animado e vistoso fin de festa tendo en conta a data coincidinte co sábado de carnaval. 
A Fanfarria Taquikardia acompañou a unha das columnas durante todo o percorrido. No video recollese o momento de unha das súas actuaciós.


O acto final no palco da música dos Xardins de Mendez Núñez  foi presentado polo “contacontos” galego Lois Pérez Díaz que deu paso as  actuarcions do cantautor monfortino Antón Valcarce  quén nos brindou a estrea de unha das súas novas canciaons: "sin nome",  o ferrolán Manolo Bacalhau e a poeta e artista coruñesa Lucia Aldao que quixeron participar engandindo un “plus” lúdico e cultural as xustas reivindicacións plantexadas dende a Columna Galega das MMdD . Pechouse o acto ca lectura do MANIFESTO consensuado para esta xornada ó que lle deu lectura a compañeira Victoria Portas, voceira de MODEPEN
Noutras 20 cidades do estado español, simultáneamente, milleiros de persoas sairon ás rúas convocadas polas Marchas da dignidade e o día 28 o farán en Andalucía coincidindo co seu día Nacional o que demostra que este movemento, a día de hoxe,  é o único capaz de plantarlle cara de forma unitaria a este sistema e de enfrentarse ás políticas duns gobernos que só pretenden someter e asoballar a clase traballadora para manter os privilexios das poderosas. 
AS MARCHAS DA DIGNIDADE ESTAN MÁIS VIVAS E ACTIVAS QUE NUNCA.  
Quén dixo que están amortizadas?...
E, DEICA POUCO, TODAS E TODOS A MADRID
…Imossss!!!

Video canal Il Canalla Rubens  https://www.youtube.com/watch?v=ga5dsaJOkmc

Ningún comentario:

Publicar un comentario