mércores, 1 de febreiro de 2017

ACORDO CONSENSUADO HOXE CON MODEPEN E AEMRE PARA O CRONOGRAMA DE TRABALLO DAS MMdD DE CARA O 25 DE FEBREIRO 2017.

1.-CONCRECIÓN E DESEÑO DA MOBILIZACIÓN.  Acórdase que a Plataforma da Coruña será quen se encargue con carácter inmediato (2 de febreiro) de concretar o percorrido e o formato do acto final. Suxírese que haxa dúas ou tres columnas que confluirían na Subdelegación do Goberno.
2.- COMUNICACIÓN Á SUBDELEGACIÓN DO GOBERNO  Feita esa concreción rexistraríase na Subdelegación do Goberno a comunicación da mobilización o día 2 de febreiro. Encargaríase a FC.
3.- IMPLICACIÓN DE MODEPEN E ASEMRE. Acórdase, con ratificación na xuntanza cos colectivos hoxe en Vigo, que o protagonismo da mobilización das MMdD sexa para Modepen e a Asociación de Emigrantes Retornados e serán os encargados da lectura do Manifesto final o día 25. 
4.- MOCIÓN ÓS CONCELLOS. Acórdase pasar un texto modelo de Moción ós Concellos para recadar o apoio á mobilización. Farase un esforzo para que chegue a cantos máis Concellos millor.
5.- CAMPAÑA DE COMUNICACIÓN.
5.1. CARTAZ. Aprobase o cartaz pasarase hoxe a todos os colectivos para mover polas redes durante toda a campaña. Cada organización ou comarca imprimirá os que corresponda e garantizarase a súa distribución planificada en base ás necesidades e a idiosincrasia de cada lugar.
        5.2. FAIXAS. Desde a comarca do Morrazo, xa se comezou un taller de faixas. Estase en condicións de pasar patróns a todas as comarcas ou organizacións que o soliciten e que se comprometan a traballar nas mesmas. As faixas serán penduradas desde o día 13 de febreiro ó 17.
            5.3. PANFLETO CHAMAMENTO. Vaise a facer con carácter inmediato para comezar xa a movelo polas redes e tamén pasalo ós colectivos e organizacións. Pasarase en pdf ás comarcas e colectivos o día 3 de febreiro para a súa impresión e distribución.
            5.4. ROLDA DE PRENSA. Propoñemos que sexa o día 16 de FEBREIRO ás 12 da mañá na Praza de María Pita na Coruña. Hai que garantir a asistencia de cantos máis colectivos millor.
            5.5. CHAMAMENTO ÁS ORGANIZACIÓNS E COLECTIVOS. Xa sabemos que é unha tarefa ben tediosa, pero hai que facer un chamamento a todos os colectivos, por todo o país, para que adequiran un compromiso firme coa mobilización do 25 e tamén coas MMdD.  Como mínimo terían que garantir a distribución do cartel, o chamamento e o lema nas súas ferramentas de comunicación; webs, blogues,.. Suxerimos que persoas concretas se encarguen de falar con colectivos concretos.
            5.6. TRABALLO DE REDES. Hai que planificalo e sistematizalo, proponse que se encargue Santi Lamelo.
            5.7. BLOGUE DAS MMdD. Activación inmediata tratando de recircular os enlaces a cantas máis persoas millor.
6.- ACTIVACIÓN DAS COMARCAS. Sen Comarcas non hai mobilización. Cada organización ou colectivo será responsable de xerar dinámicas con convocatorias comarcais, profundizando na esesncia das MMdD, a pluralidade. Nas comarcas é onde se planifica, organiza e centraliza o traballo de chamamento e o de apuntar a xente para os autobuses.
7.- BUSES. Cada comarca encargarase da súa contratación. Como mínimo mascarémonos o seguinte obxectivo: 1 de Ferrol, 1 do Barbanza, 1 de Compostela, 1 de Ourense, 1 de Lugo, 1 de Monforte-Sarria, 1 de Pontevedra, 1 do Salnés, 3 do Morrazo, 4 de Vigo, 1 de Tui, 1 do Val Miñor e 1 de Redondela-Porriño.
8.- MANIFESTO. Acordase coma sempre que o elaboren os compas Valladares (CGT) e Lamelo (FC). Nesta ocasión xs compas de Modepén e Asenre pasarán as suxerencias que consideren oportunas e serán volcadas en dito Manifesto..


Asemade acórdase facer un chamamento a todas as organizacions e colectivos que conforman a Columna Galega das MMdD a participar activamente na concentración fronte ao Parlamento de Galicia o día 8 de Febreiro as 11 da mañan. dentro da convocatoria descentralizada a nivel estatal que promove a Coordinadora Estatal pola defensa do Sistema Público de Pensions. 


GALICIA: Concentración; Parlamento de Galicia (Santiago de Compostela); 8 de febrero; 11 h.
CANARIAS: Concentración; Parlamento de Canarias (Tenerife); 8 de febrero a las 11 h.
PAIS VALENCIÁ: Corts Valencianes; Concentració; 8 de febrer;11 h.
CATALUNYA: Concentración; Parlament de Catalunya (Parc de la Ciutadela); 8 de febrero; 10,30 h.
MADRID: Manifestación; Asamblea de Madrid (estación de Renfe); 8 de febrero; 11 h.
MURCIA: Concentración; Asamblea Regional de Murcia (Cartagena) 8 de febrero; 11 h.
ASTURIAS: Concentración; Junta General de Asturias; 8 de febrero; 12 h.
BALEARES: Concentración; Parlament Balear; 8 de febrer; 12,30 h.
ANDALUCÍA: Acto por concretar; 16 de febrero,

Ningún comentario:

Publicar un comentario