martes, 7 de febreiro de 2017

A PLATAFORMA DA CORUÑA ACORDA O PERCORRIDO PARA A MANIFESTACION DO 25F .

A Plataforma da Coruña das MMdD acordou que a mobilización a prol das pensións e dos servizos públicos que se vai levar a cabo na cidade o 25 de Febreiro se desenvolva en duas colulmnas que finalizarán nos Xardins de Méndez Nuñez segundo o plano que se adxunta.
A COLUMNA "A" as 12:00H  partirá da Estación ferroviaria de S. Cristobal (Ronda de Outeiro) marchando por Capitán Juan Varela, Monforte, Fernando Rey, Juan Florez, Marcial de Adalid, Federico Tapia e Fontan ate a PRAZA DE OURENSE donde confluirá ca columna B.
A COLUMNA "B" as 12:00H partirá do Campo da Leña marchando por Panaderas, Cordonería,  San Andrés, Praza de Pontevedra,, Teresa Herrera, Praza de Lugo, Padre Feijoo, ate a PRAZA DE OURENSE.
Na PRAZA DE OURENSE, as 12:30H as dúas columnas formarán unha sóa que  marchará ate os Xardíns de Mendez Núñez por Sánchez Bregua, Praza de Mina, Cantón Pequeno e Cantón Grande.
O peche do acto terá lugar nos XARDINS DE MENDEZ NÚÑEZ. as 13:00H

PERCORRIDO APROXIMADO  COLUMNA A...2200m
PERCORRIDO APROXIMADO COLUMNA  B...2100m.

Oportunamente se anunciará o punto de encontro para iniciar as marchas as 12:00H a todas as persoas e organizacions que veñan desplazadas de fora así como as da propia cidade.

1 comentario:

  1. Polos nosos Maiores ¡¡¡¡
    Alí estaremos e difundimos polas Redes e a Radio CUAC

    ResponderEliminar