venres, 3 de febreiro de 2017

A ESTRADA, PRIMEIRO CONCELLO GALEGO EN PRESENTAR UNHA MOCÍON A PROL DA IMPORTANTE MOBILIZACION DO 25F EN GALICIA EN DEFENSA DAS PENSIONS E DOS SERVIZOS PÚBLICOS PARA AS GALEGAS E OS GALEGOS. O DEBATE DA MESMA FOI REXEITADO COS VOTOS DE PP-PSOE POR NON CONSIDERALA URXENTE MÁIS SI QUE LLES PARECE URXENTE, A PP-PSOE, NAS CAMPAÑAS ELECTORAIS, PEDIRLLE O VOTO XS PENSIONISTAS CON MENTIRAS E ENGANOS…..ISTO A BÓ FE QUE O DEIXA AS CLARAS. “TRAPALLEIROS”!!!!

No pleno de onte  – 2 de febreiro –, no concello de A Estrada, o Grupo Municipal de Móvete presentou unha moción de urxencia co obxecto de que a Corporación apoiara a mobilización, convocada polas Marchas da Dignidade, en Defensa das Pensións, para o vindeiro 25 de febreiro na Coruña.
A moción tiña que ser debatida no Pleno de onte porque na Estrada o próximo Pleno ordinario é o 2 de marzo. Pero, tanto o grupo do PP como o grupo do Psoe impediron cos seus votos o debate da moción por non considerala urxente.
Xs pensionistas galegxs, e aínda máis na comarca de A Estrada, son xs que teñen as pensións máis baixas do Estado, pero a súa situación agravase aínda máis no 2017 coa suba do IPC e ca insultante suba de 0,25€. Esta “suba” supón 0,78 céntimos nunha pensión de 600€. A merma no poder adquisivo afecta a moitxs pensionistas,  tanto deste como doutros Concellos galegos, que aínda por riba en demasiados casos, como xa é sabido, son xs que sosteñen moitas familias.
Saúdamos a iniciativa do Grupo Móvete no concello de A Estrada e, como non pode ser doutro xeito dende as MMdD compartimos 100% a súa argumentación..."Hai que repensar o voto":

“Ao Grupo de Móvete claro que nos parece urxente que o Pleno da Estrada se faga eco desta situación e apoie a mobilización promovida polas Marchas da Dignidade en Defensa das Pensións. Pero para PP-Psoe este asunto non era o suficientemente importante para debatilo no Pleno, evitando así ter que posicionarse sobre o fondo da cuestión. Triste. Mais seguro que para pedirlle o voto aos pensionistas andan listos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario