xoves, 16 de febreiro de 2017

A DEZ DÍAS DA MOBILIZACIÓN, O MORRAZO ENCHE O PRIMEIRO AUTOBÚS PARA O 25F NA CORUÑA

O Morrazo traballa arreo para o 25F.  Onte, dende a Plataforma Comarcal do Morrazo, confirmaron a nova:
“No Morrazo xa temos cheo o primeiro autobús de cincoenta e cinco prazas, para a mobilización da Coruña o sábado 25.
O obxectivo é superar a asistencia do Encher o Obradoiro que fóramos catro autobuses.”

Quen dixo que a xente non quere mobilizarse?
Quen dixo que as MMdD están amortizadas? 
Anótate xa!, ti tamén, na túa comarca. Velaiquí como facelo:


O 25F, A DIGNIDADE GALEGA ESTARÁ NAS RÚAS DA CORUÑA EN DEFENSA DAS PENSIÓNS E DO PÚBLICO.  
Imossss!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario