xoves, 1 de decembro de 2016

“QUÉRENNOS SÓAS, TERÁNNOS EN COMÚN!!”: A UNIDADE, A SUMA, A CONSTANCIA NA LOITA É O ÚNICO CAMIÑO. NA MOBILIZACIÓN ESTÁ A SOLUCIÓN. O 3D NO CARBALLIÑO, IMOSSS!!!, SUMAMOS E… SEGUIMOS!!!

O 3 de decembro, o Carballiño e Emilio Cao, son unha data, un lugar e un referente que nos toca de preto á Columna Galega das MMdD no que atinxe a REPRESIÓN DO RÉXIME, un réxime que co seu proceder, plantexando como única resposta á discrepancia a represión, deixa ben as claras a herdanza que directamente tomou do franquismo nunha transición de mentira que lle deu continuidade as súas prácticas.
Non é só Emilio. Non é só no Carballiño e non será só o día 3 de decembro...  
As Marchas da dignidade seguiremos traballando, despóis deste sábado, por sumar a máis e máis persoas e a máis e máis organizacións á loita en defensa do ben común, da xustiza social e a prol de unha DEMOCRACIA con maiúsculas, da LIBERDADE, e polo PAN, TRABALLO E TEITO para todas e todos.
Non é só Emilio. Son centos e centos de persoas represaliadas polo mero feito de protestar contra a inxustiza, de loitar contra o afogamento ó que nos teñen sometidxs, de defender o que é noso, froito do noso traballo e da loita dos nosos maiores. 
Moitas están xa na cadea e outras moitas con data fixada para ser xulgadas, como é o caso (que tamén nos toca ben de preto), de Diego Lores, veciño do barrio de Coia en Vigo, que ten fixada a vista para o 17 de Xaneiro, ou o da nosa compañeira, Raquel, que está sendo xulgada en Zaragoza, tamén pola súa participación no 22M, con unha petición fiscal de 4 anos de cadea...
O 3 de Decembro non nos mobilizaremos só por Emilio Cao, será tamén por Diego, por Raquel, e por tantas e tantos represalidxs  que temos xa neste país e en todo o estado Español e non será só no Carballiño. Esta vila será o lugar de referencia contra a represión en Galicia pero , “NON ESTAREMOS SÓS, ESTAREMOS EN COMUN”, sumándo co resto  do pobo traballador, cas xentes de ben, das distintas nacións, rexións e comunidades do estado Español.
A data do 3 de nadal foi a que se decidiu pero non será só o 3 de nadal. Este sábado subiremos, con paso firme, o primeiro chanzo dunha loita que non se vai deter ate vencer.   O 3 DE NADAL  IMOSSS!!!, SUMAMOS!!!  E SEGUIMOS!!!

LIGAZÓN AO VIDEO EN YOUTUBE https://www.youtube.com/watch?v=ISy2Ezu68w0

Ningún comentario:

Publicar un comentario