xoves, 24 de novembro de 2016

ONTE NO CARBALLIÑO CONSTITUISE A COMISÓN ORGANIZADORA QUE, DENDE ESA VILA, COORDINARÁ A MOBILIZACION NACIONAL CONVOCADA POLA COLUMNA GALEGA DAS MMdD CONTRA A REPRESIÓN O DÍA 3 DE NADAL.

As 7 e media do serán, no Casino do Carballiño, reunironse, xunto con amigos e familiares de Emilio Cao, representantes dos movementos sociais da comarca, organizacions sindicais, estudiantís e políticas da provincia de Ourense  que amosaron todo o seu apoio e soliedaridade ao inxusto encausamento do seu veciño e acordaron constituir unha Comisión que levará a cabo a coordinación local da mobilización Nacional convocada polas MMdD para o día 3 de nadal nesa vila FRONTE A REPRESIÓN  E POLA DIGNIDADE DAS PERSOAS.
O Carballiño, volverá demostrar o 3D o carácter solidario e reivindicativo da súa veciñanza e nese día exercerá de altofalante do pobo Galego a prol da Liberdade de expresión e contra a Represión.   Según verbas de algún dos asistentes. “…/… a resposta a esta  agresión a un dos nosos, ten que superar, con creces, a máis grande e exitosa manifestación que se lembra na vila cando aló polo 2012 nos votamos á  rúa e conseguimos paralizar a planta incineradora de residuos para o sur de Galicia que o goberno do PP  pretendía instalar no Irixo”
Imosssss!!!  TODOS SOMOS EMILIO CAO.

O  día 3 de Nadal, todas e todos ao Carballiño, CONTRA A REPRESIÓN, CONTRA A INXUSTIZA, POLA LIBERDADE DAS PERSOAS, POLO PAN TRABALLO E TEITO….. 
Imossss!!!  

Ningún comentario:

Publicar un comentario