sábado, 26 de novembro de 2016

NAS CONCENTRACIONS SEMANAIS DE CANGAS “EMILIO CAO PRESENTE!!!”. O MORRAZO XA ESTÁ EN MARCHA PARA SUMARSE A MANIFESTACIÓN DO DÍA 3 NO CARBALLIÑO. “NON A REPRESIÓN TODXS SOMOS EMILIO CAO”

As MMdD no Morrazo prepáranse para marchar ó Carballiño o dia 3 de
decembro. O pasado venres celebrouse a concentración semanal na rúa, onde se fixo un chamamento para activar a campaña de apoio a Emilio Cao. Durante a semana que entra colocaranse vinte faixas en toda a comarca e repartiranse follas informativas. Ademáis traballarase de cara a encher os autobuses que sairán do Morrazo á vila do Arenteiro.
Os buses recollerán a xente ás 10 da mañá na Estación de Autobuses de Cangas, no Concello de Moaña e na Parada do Cerqueiro en Bueu. Ás 10,15 collerán a xente na Caixa de Aforros de Seixo e na Farola de Marín.
Doutra banda varios xornais dixitais galegos recollen um artigo de opinión de Manolo Camaño Fandiño, secretario xeral da CUT e veciño de Cangas, de moi recomendable lectura:
"O Carballiño, 3 de decembro: Emilio Cao ou a represión inxustificada"

Ningún comentario:

Publicar un comentario