mércores, 30 de novembro de 2016

HOXE A COLUMNA GALEGA DAS MMdD COMPARECEU DIANTE DOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN NA PRAZA DO OBRADOIRO EN COMPOSTELA, PARA PRESENTAR A MOBILIZACIÓN DO VINDEIRO SÁBADO NO CARBALLIÑO.

Dúas ducias de representantes de organizacións e colectivos que conforman as MMdD mantivemos hoxe na Praza do Obradoiro unha rolda de prensa cos medios de comunicación. Alí estiveron presentes; a CGT, Ames Novo, EU, o S. Ferroviario, a F. Cívíca, o Sindicato da Elevación, o SLG, o PCG, a CUT, o STEG, a Plataforma da Hepatites B, distintas plataformas comarcais ademáis do propio Emilio Cao.
Na rolda de prensa falaron distintxs compañeirxs facendo fincapé na necesidade de estar no Carballiño o sábado.
  • O compañeiro da CGT Angel Valladares manifestou “ non imos a tolerar xamáis que a través dunha montaxe policial ó final dunha manifestación absolutamente pacífica, váiase  a servir os represores, os Torquemada para enchilonar a un chaval do Carballiño”. 
  • Eva Solla, paralamentaria de En Marea, e Secretaria Xeral do PCG, demandou “ a absolución sen paliativos de Emilio Cao, e a derogación da Lei Mordaza”. Tamén fixo un chamamento a todxs xs galegxs e militantes progresistas a estar no Carballiño o sábado, sen excusa.
  • O compañeiro Ramón Mañana do S. da Elevación manifestou que “non hai máis remedio que a rúa, e a movilización. Non podemos permitir a laminación das libertades democraticas e temos que seguir a loita ate acadar a Xustiza Social”.
  • E Manolo Camaño da CUT manifestou que “ imos sair a rúa en solidariedade e apoio a Emilio Cao que non é máis que un símbolo galego da represión masiva do réxime corrupto, que emprega a represión par acalar a resposta social ás políticas e receitas da Troika, expresadas no estado español polos partidos do réxime. Todxs somos Emilio Cao."
VIDEO ROLDA DE PRENSA:






O QUE RECOLLEN OS MEDIOS:




http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/o-carballino/2016/11/24/marchas-da-dignidade-apoyaran-carballines-emilio-cao-concentracion/0003_201611O24C8991.htm

Ningún comentario:

Publicar un comentario