sábado, 26 de novembro de 2016

BOAS NOVAS: A XUSTIZA ANULA AS MULTAS A CATRO VECIÑOS DE SARRIA POR PROTESTAR CONTRA AS OBRAS DO RÍO NO 2014.

O pasado 23 de novembro o Xulgado do Contencioso Administrativo número 2 de Lugo  ditou sentenza anulando as multas impostas en marzo de 2014 a catro persoas que foron dexaloxadas pola garda civil cando protestaban nunha “sentada” pacífica en defensa do río en Sarria.
Parabens!!!  pola  tenacidade,, a insistencia e a constancia na movilización mantida no tempo  da Plataforma Sarriana polo Río que forma parte da Columna Galega das MMdD e que logrou demostrar neste caso, como se demostrará no caso de Emilio Cao, e noutros que, curiosamente sucederon  en datas próximas, nun momento de protesta xeneralizada en todo o país e no estado español,  a ilegalidade e a inxustiza cometida polos gobernos de turno que,  aplicando unha pura estratexia represiva, só pretenden amedrentar e intentar frear as protestas.
"A pesar de que están logrando parte dos seus obxectivos", como ben din dende a Plataforma, con sentenzas como esta quedan ben as claras en evidencia. 
Parabéns!!!  a Plataforma Sarriana polo río,  e Parabens!!! aos catro compañeiros absoltos.

Liga aqúi a  nova que se recolle en PRAZA PUBLICA:  http://praza.gal/movementos-sociais/13162/a-xustiza-anula-as-multas-a-catro-vecinos-de-sarria-por-protestar-contra-as-obras-no-rio/

A LOITA É O UNICO CAMIÑO
O 3 DE NADAL TODXS Ó CARBALLIÑO  
Imosss!!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario