luns, 17 de outubro de 2016

A COLUMNA GALEGA DAS MMdD MOBILÍZASE NAS 7 CIDADES GALEGAS CONTRA O CETA/TTIP/TISA

COMUNICADO MARCHAS DA DIGNIDADE – 15-O 
NON A TTIP/CETA/TISA
E

ste 15 de outubro Galiza móvese, e sumámonos ás mobilizacións convocadas en todo o mundo fronte aos tratados de libre comercio e pola fin da impunidade das multinacionais.
 As Marchas da Dignidade  sumámonos a un outono en resistencia para esixir a suspensión dos acordos de libre comercio TTIP/CETA/TISA  que buscan liquidar por completo a  nosa soberanía e dignidade. Estamos convencidas
de que para promover unha sociedade igualitaria e respectuosa cos dereitos das persoas e o medio ambiente é imprescindible reformular o sistema de comercio global que, a día de hoxe, unicamente favorece a concentración da riqueza e do poder en mans dunhas poucas multinacionais.
O TTIP é un tratado de libre comercio entre Europa e EEUU que están a negociar, en segredo, a UE, EEUU e importantes multinacionais. O TISA busca liquidar por completo os servizos públicos. O CETA é outro tratado entre UE e Canadá en condicións aínda máis segredas. Estes tratados están a negociarse sempre de costas á cidadanía, que non pode decidir democraticamente nada que teña que ver con eses acordos.
 Por que nos opoñemos a estes tratados?
         Ø Son una ameaza para a  agricultura e pesca local
Ø Perxudican a economía do país
Ø Entregan a soberanía dos países ás multinacionais
Ø Abren as porta a compañías mineiras canadianas co risco medioambiental que supón
Ø Permiten que entren no mercado productos sen garantías sanitarias
Ø Existen tratados semellantes con resultados desastrosos para a maioría da poboación
Ø No son acordos democráticos sometidos a referendo popular
Ø Os conflictos entre as empresas e os estados serán xulgados por  tribunais parciais, non pola xustiza ordinaria.
Ø Queren liquidar os servizos públicos
Ø … /…
En definitiva o TTIP/CETA/TISA significan unha perda moi grave de dereitos, minguando máis aínda se cabe a nosa dignidade, condenando  millóns de persoas á miseria, destruíndo o noso planeta e arrebatándolle  a soberanía aos pobos para entregarllela ás multinacionais.

Por iso é necesario que a través da mobilización popular, a loita e a solidariedade entre os pobos e a oposición frontal de todos os axentes políticos ao TTIP/CETA/TISA logremos paralizar uns tratados que van hipotecar as nosas vidas e a das xeracións vindeiras
  
NIN TTIP, NIN CETA, NIN TISA!! 
NON AOS TRATADOS DE LIBRE COMERCIO!!
PAN, TRABALLO E TEITO. 

LIGAZÓN ÁS FOTOS DAS MANIFESTACIONS EN GALIZA.15-O


OS MEDIOS A SOBRE AS MANIFESTACIONS DO DIA 15 NA GALIZA

Ningún comentario:

Publicar un comentario