mércores, 23 de novembro de 2016

A COLUMNA GALEGA DAS MMdD CHAMA A SAIR Á RÚA CONTRA A REPRESIÓN. O SÁBADO 3 DE DECEMBRO ÁS 12,00H MANIFESTACION NACIONAL NO CARBALLIÑO. SOLIDARIEDADE CON EMILIO CAO E TODXS QUE SOFREN A REPRESIÓN DO RÉXIME !!

Supera xa o cento de persoas encausadas polas mobilizacions das Marchas da Dignidade.
Os diferentes procesos xa iniciados atópanse en diferentes fases procesais máis o que de máis preto nos toca e o que lle afecta a Emilio Cao, un rapaz do Carballiño que formou parte da Columna Galega na movilización do 22M na que centos de galegas e galegos a título particular, outrxs embarcados na decena de autocares que se fletaron ou no emblemático “Tren da Dignidade”, levamos e paseamos a Dignidade Galega polas rúas de Madrid demandando PAN, TRABALLO E TEITO para todxs.
O rexime quixo criminalizar esa manifestación que foi totalmente pacífica como posteriormente se pudo demostrar. Non iban connosco activistas de “Resistencia Galega”  como  dende a montaxe policial nos quixeron facer ver. A Resistencia Galega amosámola protestando pacíficamente xunto con xentes do común do resto das columnas que chegaron a Madrid dende todos os pobos, nacions e rexions do estado español.   
O réxime non podía consentir o que foi unha das máis grandes manifestacions pacíficas contra os gobernos que se lembran en Madrid, e tomou reféns. Un dos reféns foi EMILIO CAO ao que agora, dous anos e medio despois, a fiscalía lle pide 5 anos e oito meses de prisión e 600 euros de multa só polo feito de protestar pacíficamente igual que o fixemos cada un e cada unha de nós.
As Galegas e os Galegos, a xente de ben, NON O PODEMOS CONSENTIR. Imoslle amosar todo o noso apoio e solidariedade o vindeiro día 3 no Carballiño a Emilio e a todxs xs inxustamente encausados polo só feito de protestar, e vaia todo o noso rexeitamento a este goberno, a este réxime, que nos quere calados, amordazados e na casa, (xs que ainda dispoñan dela, claro!!!)



octavilla



O SÁBADO 3 DE NADAL ÁS 12,00H 
MANIFESTACION NACIONAL NO CARBALLIÑO
VEN CONNOSCO , ACUDE.  Imosss!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario