venres, 10 de xuño de 2016

CELEBRADA A XUNTANZA DA COMISIÓN COORDINADORA GALEGA DAS MMdD O 8 DE XUÑO EN COMPOSTELA.

A Comisión Coordinadora Galega celebramos a nosa  Xuntanza Nacional o derradeiro 8 de xuño na casa das Asociación de Cornes en Compostela
Asistimos CUT, SF-Intersindical, CGT, S.E., STEG, Acción Universitaria, FC-SM, XXCC, E.A.R.
Criticouse a non asistencia de varias organizacións, entre outras a das organizacions e plataformas comarcais de Lugo, das que nesta xuntanza agardábamos unha valoración "local" da movilización do 28M.
Entre as presemtes desenvolvemos a orde do día prevista concluindo como positiva a mobilización do 28M en cuanto a participación e asistencia, máis non tanto así no tema organizativo cuestión na que debemos seguir traballando para mellorar no futuro.
Ao marxe do que se recolla máis ampliamente no acta, entre outros, acadamos os seguintes acordos:

***Continuar co movemento para seguir mobilizando en Galicia donde consideramos que as MMdD están a ter una bóa implantación entendendo que hai que seguir impulsando o asentamento territorial nas distintas comarcas e localidades.
***Plantexar, de xeito inmediato, algún acto en Galicia en apoio as mobilizacións en Francia e activar un fío nas redes sociais sobre o que alí está acontecendo.
***Plantexar a nosa participación, e apoio expreso das MMdD, as mobilizacions da sanidade que están tendo lugar a nivel nacional na Coruña, Vigo, etc…
***A proposta da Comarca de A Estrada, promover una concentración o 18 de xuño no Pazo de Oca co gallo da visita dos monarcas para o peche do Foro empresarial de España e EE.UU que terá lugar en Compostela. (resposta contundente, entre outras, contra o TTIP)
***Levar á xuntanza estatal en Asturias a proposta de una mobilizacón con gallo da visita de Obama a Sevilla e Madrid, no mes de Xullo. (resposta contundente, entre outras, contra o TTIP).
***Nomeouse a Delegación que, de forma voluntaria, aisitirá a vindeira Asemblea Estatal o 18 de xuño en Asturias.
***No tema de fnanzas ainda que ao día de hoxe hai un pequeno superávit, por equidade e xustiza, compre lembrar a necesidade de que todas as organizacións e plataformas se poñan ao día no pago das cuotas.
 SEGUIMOS...  PAN, TRABALLO, TEITO E DIGNIDADE


1 comentario:

  1. Boas compañeiros. A falta de asistencia das arupacións de Lugo quizáis foi por que non foron convocadas en tempo e forma. Como xa se lles comentara ós promotores do acto, en Lugo non se daban as sinerxías doutras localidades de Galicia, polo que en principio rexeitouse ofrecemento. Ante a insistencia destes, e sen medios materiais e humáns decidimos sacalo adiante, con máis espiitu que recursos. Non parece de recibo presionar a compañeiros que cubriron a manifa fotográficamente, para que remitiran un material que despois non foi usado ou usado a deshora. Non obstante seguimos nas rúas loitando. A movilización é o único camiño.
    Saúde compañeiros
    PAN TRABALLO E TEITO

    ResponderEliminar