luns, 20 de xuño de 2016

NOVAS SOBRE A CELEBRACIÓN DA ASEMBLEA ESTATAL DAS MMdD EN ASTURIES O 18 DE XUÑO


ALGUNHAS NOVAS RECOLLIDAS NOS MEDIOS ASTURIANOS.:

LA NUEVA ESPAÑA: http://www.lne.es/gijon/2016/06/19/marchas-dignidad-abogan-reconquistar-derechos/1944812.html

EL COMERCIO: http://www.elcomercio.es/politica/201606/19/marchas-dignidad-piden-libertad-20160619033624-v.html

NOVA NOS INFORMATIVOS MEDIODÍA DA TV. DO PRINCIPADO. 
Informan no telexonal sobre o desenvolvemento da Asemblea e inclúen información sobre a protesta que, facendo un alto na Asemblea, plantexamos diante do miting de campaña do PP programado para ese día no que participaba Dolores de Cospedal.

mércores, 15 de xuño de 2016

AS MARCHAS DA DIGNIDADE ESTAREMOS NO PAZO DE OCA O SABADO 18 DE XUÑO REXEITANDO A INFAMIA NA CLAUSURA DO FORO ESPAÑA-EE.UU

En cumplimento do acordo acadado na xuntanza da Comisión Coordinadora Galega das MMdD celebrada en Compostela o día 8 de xuño, o vindeiro sábado 18 de xuño as Marchas da Dignidade estaremos no PAZO DE OCA.

O vindeiro sábado día 18, vaise celebrar o Foro España e Estados Unidos, e vaise celebrar no noso país, concretamente no Pazo de Oca, na Estrada. 
Hai que estar na porta do Pazo de Oca, á 19,30 horas.
A mafia financieira falará de temas coma o TTIP e, seguramente, cousas peores. O que ven sendo habitual nas mafias.
Á clausura acudirá o Felipe de Borbón coa súa compañeira, Letizia Ortiz. Dende a Columna Galega das MMdD, animamos a acudir alí a berrar contra ese foro e o que representa. NON PODEMOS CALAR FRONTE A INFAMIA 
https://www.facebook.com/events/144488045963818/

Para chegar ao Pazo de Oca:
Dende Vigo:

Dende A Coruña

venres, 10 de xuño de 2016

CELEBRADA A XUNTANZA DA COMISIÓN COORDINADORA GALEGA DAS MMdD O 8 DE XUÑO EN COMPOSTELA.

A Comisión Coordinadora Galega celebramos a nosa  Xuntanza Nacional o derradeiro 8 de xuño na casa das Asociación de Cornes en Compostela
Asistimos CUT, SF-Intersindical, CGT, S.E., STEG, Acción Universitaria, FC-SM, XXCC, E.A.R.
Criticouse a non asistencia de varias organizacións, entre outras a das organizacions e plataformas comarcais de Lugo, das que nesta xuntanza agardábamos unha valoración "local" da movilización do 28M.
Entre as presemtes desenvolvemos a orde do día prevista concluindo como positiva a mobilización do 28M en cuanto a participación e asistencia, máis non tanto así no tema organizativo cuestión na que debemos seguir traballando para mellorar no futuro.
Ao marxe do que se recolla máis ampliamente no acta, entre outros, acadamos os seguintes acordos:

***Continuar co movemento para seguir mobilizando en Galicia donde consideramos que as MMdD están a ter una bóa implantación entendendo que hai que seguir impulsando o asentamento territorial nas distintas comarcas e localidades.
***Plantexar, de xeito inmediato, algún acto en Galicia en apoio as mobilizacións en Francia e activar un fío nas redes sociais sobre o que alí está acontecendo.
***Plantexar a nosa participación, e apoio expreso das MMdD, as mobilizacions da sanidade que están tendo lugar a nivel nacional na Coruña, Vigo, etc…
***A proposta da Comarca de A Estrada, promover una concentración o 18 de xuño no Pazo de Oca co gallo da visita dos monarcas para o peche do Foro empresarial de España e EE.UU que terá lugar en Compostela. (resposta contundente, entre outras, contra o TTIP)
***Levar á xuntanza estatal en Asturias a proposta de una mobilizacón con gallo da visita de Obama a Sevilla e Madrid, no mes de Xullo. (resposta contundente, entre outras, contra o TTIP).
***Nomeouse a Delegación que, de forma voluntaria, aisitirá a vindeira Asemblea Estatal o 18 de xuño en Asturias.
***No tema de fnanzas ainda que ao día de hoxe hai un pequeno superávit, por equidade e xustiza, compre lembrar a necesidade de que todas as organizacións e plataformas se poñan ao día no pago das cuotas.
 SEGUIMOS...  PAN, TRABALLO, TEITO E DIGNIDADE