luns, 2 de maio de 2016

ONTE, -1º DE MAIO- ESTE BLOGUE SUPEROU AS 100.000 VISITAS DENDE QUE VOTOU A ANDAR NO 2014

O 5 de Febreiro de 2014 abríamos o Blogue con esta nova:
“Este martes 11 de febreiro ás 17h. na Gentalha do Pichel de Compostela (r/ santaclara 21. http://gentalha.org/) convócase, en réxime de autoconvocatoria, a colectivos, plataformas e entidades sindicais, sociais, veciñais, políticas,... e a persoas individuais a sumar esforzos cara á organización da marcha galega pola dignidade, dentro da convocatoria estatal para este 22 de marzo.
Mes e medio despois, o 22 de Marzo de 2014, enchíamos de Dignidade Galega as rúas de Madrid xunto con máis de un millón de persoas de todo o estado.
Hoxe, despois de dous anos e 495 entradas con información da Columna Galega das Marchas da Dignidade  neste BLOGUE celebramos que foron superadas as 100.000 visitas.
A bó fe que algo debemos de estar facendo ben, pero ainda queda moito por facer…
Imosss!!!, Seguímosss! porque só nos quedan 26 días para facer da muralla de Lugo UNHA MURALLA DE DIGNIDADE CONTRA O PARO, A CORRUPCIÓN, AS PRIVATIZACIONS, OS RECORTES, OS REPAGOS, A REPRESIÓN, OS DESAFIUZAMENTOS, O TTIP, OS SUICIDIOS, AS DEPORTACIÓNS, AS REFORMAS LABORAIS, Á CONTAMINACIÓN, OS ATAQUES O NOSO AGRO, OS RÍOS, Ó MAR, OS BOSQUES QUE CADA VERÁN NOS QUEIMAN, Ó ENSINO, Á SANIDADE, Á CULTURA…

SOBRAN MOTIVOS E ISTO DEMOSTRA QUE 
XA O SABEMOS MÁIS DE CEN MIL, 
SABÉMOLO TODAS E TODOS. 
O 28M, Imossss!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario