luns, 30 de maio de 2016

O 28 DE MAIO A COLUMNA GALEGA DAS MARCHAS DA DIGNIDADE VOLVÍMOS ÁS RÚAS PARA REBELARNOS EN LUGO CONTRA O RECORTE DE DEREITOS. CONVERTEMOS LUGO NUNHA MURALLA DE DIGNIDADE CONTRA A TROIKA E OS PODERES ECONÓMICOS. SOBRÁNNOS RAZÓNS PARA SEGUIR LOITANDO E VANNOS A TER EN FRONTE ATE CONQUERIR PAN, TRABALLO E TEITO PARA TODAS E TODOS.

O 28 de maio a Columna Galega das MMdD estivemos en LUGO, e volveremos cantas veces sexa necesario, a calquera outro lugar.  “Na loita do pobo, ninguén se cansa”. Quérennos na casa, caladas e calados, pero vannos a seguir atopando nas rúas. Que os gobernos teñan claro que imos seguir sumando voces e esforzos ata conseguir PAN, TRABALLO e TEITO para todas e todos.

AS IMAXES.

Estimamos que en torno a 3000 persoas confluimos en Lugo malia todas as dificultades, incluíndo o tempo con choiva que afortunadamente respectounos bastante durante a marcha.
Liga aquí  ás fotos subidas ate de agora e que iremos engadindo ao noso drive cas que nos fagades chegar…

https://drive.google.com/folderview?id=0B4q_Hj_9LGQSQXl0aldWSm1KWWs&usp=sharing
O MANIFESTO
https://drive.google.com/file/d/0B4q_Hj_9LGQSUVZXekZ6NlFISUU/view?usp=sharing
video
video con un barrido de cámara ao final do acto.





Ningún comentario:

Publicar un comentario