martes, 31 de maio de 2016

RESULTADO DO SORTEO DA RIFA SOLIDARIA NO MORRAZO EN APOIO Á PARTICIPACIÓN NO 28M-“LUGO UNHA MURALLA DE DIGNIDADE”

MARCHAS DA DIGNIDADE 
COMARCA DO MORRAZO 

 O Número da RIFA AGRACIADA foi :
O PREMIO ACADADO:

Cea para dúas persoas 
no Bar Praia de Menduíña
Válido por un mes..








GRAZAS A TODAS E TODOS 

luns, 30 de maio de 2016

O 28 DE MAIO A COLUMNA GALEGA DAS MARCHAS DA DIGNIDADE VOLVÍMOS ÁS RÚAS PARA REBELARNOS EN LUGO CONTRA O RECORTE DE DEREITOS. CONVERTEMOS LUGO NUNHA MURALLA DE DIGNIDADE CONTRA A TROIKA E OS PODERES ECONÓMICOS. SOBRÁNNOS RAZÓNS PARA SEGUIR LOITANDO E VANNOS A TER EN FRONTE ATE CONQUERIR PAN, TRABALLO E TEITO PARA TODAS E TODOS.

O 28 de maio a Columna Galega das MMdD estivemos en LUGO, e volveremos cantas veces sexa necesario, a calquera outro lugar.  “Na loita do pobo, ninguén se cansa”. Quérennos na casa, caladas e calados, pero vannos a seguir atopando nas rúas. Que os gobernos teñan claro que imos seguir sumando voces e esforzos ata conseguir PAN, TRABALLO e TEITO para todas e todos.

AS IMAXES.

Estimamos que en torno a 3000 persoas confluimos en Lugo malia todas as dificultades, incluíndo o tempo con choiva que afortunadamente respectounos bastante durante a marcha.
Liga aquí  ás fotos subidas ate de agora e que iremos engadindo ao noso drive cas que nos fagades chegar…

https://drive.google.com/folderview?id=0B4q_Hj_9LGQSQXl0aldWSm1KWWs&usp=sharing
O MANIFESTO
https://drive.google.com/file/d/0B4q_Hj_9LGQSUVZXekZ6NlFISUU/view?usp=sharing

video con un barrido de cámara ao final do acto.





mércores, 18 de maio de 2016

O 13 DE MAIO, RECEPCION NO CONCELLO DE LUGO A COLUMNA GALEGA DAS MMdD. ROLDA DE PRENSA ANUNCIANDO A MOBILIZACION DO 28M “LUGO UNHA MURALLA DE DIGNIDADE” E POLA TARDE, NA CASA SINDICAL, “FALADOIRO DA DIGNIDADE”.

RECEPCIÓN NO CONCELLO POR PARTE DOS CONCELLEIROS DE LUGO NOVO E ALTERNATIVA CIDADÁ DE ESQUERDAS (ACE)


ROLDA DE PRENSA.


PEQUENOS EXTRACTOS DAS INTERVENCIONS DOS PONENTES NO FALADOIRO DA DIGNIDADE NA CASA SINDICAL EN LUGO CHAMANDO Á MOBILIZACION O 28M. . #MuralladeDignidade
Fco. Rafal González Escudero: Secretario Xeral do Sindicato Ferroviario da Confederación Intersindical.
Rocío Fraga Concelleira de Igualdade ca Marea Atlántica no Concello de A Coruña
Isabel Villaba. Secretaria Xeral do Sindicalo Labrego Galego
Manuel Cañada. Traballador Social. Activista, Membro do “Campamento Dignidad” de Extremadura, é un loitador incansable polos dereitos do pobo traballador, dos parados, “dos precarios” de Extremadura. Nado en Badajoz, foi por 3 veces candidato de IU á Presidencia da “Junta de Extremadura” (1995, 1999 y 2003.  Elexido coordinador rexional de IU en 1996  foi tamén parlamentario na Asemblea rexional cargos todos dos que dimitiu para cenrtar a súa actividade no campamento dignidade e na defensa da Renda Básica.


venres, 13 de maio de 2016

UNHA VEZ MÁIS, GRANDE MANIFESTACION EN DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA EN VIGO

AS MARCHAS DA DIGNIDADE ESTIVEMOS TAMÉN HOXE, NAS RÚAS DE VIGO, DEFENDENDO A SANIDADE PUBLICA PORQUE FRONTE AS PRIVATIZACIONS, FRONTE AO EXPOLIO DO PUBLICO, FRONTE A CORRUPCIÓN, FRONTE A VORACIDADE DO CAPITAlL.... FRONTE A TROICA….  HOXE EN VIGO BERRAMOS “GOBERNE QUEN GOBERNE A SANIDADE NON SE VENDE”, E O 28 DE MAIO, NÓS, O POBO, AS CLASES POPULARES, OCUPAREMOS A MURALLA E FAREMOS DE LUGO UNHA MURALLA DE DIGNIDADE.  Imossss!!!

O CHAMAMENTO DAS MMdD AO 28M FLANQUOU TODO O PERCORRIDO DA MANIFESTACIÓN NA QUE PARTICIPAMOS MILLEIROS DE PERSOAS.











mércores, 11 de maio de 2016

O 15M imos tod@s á Praza - Concentración e asemblea ás 12 do mediodía no Cantón de Ferrol, este domingo 15 de Maio


15M TOD@S Á PRAZA

Este domingo, 15 de Maio, ás 12 do mediodía, en Ferrol, no Cantón, nas inmediacións do Palco da Música. Non faltes ! Participa !

Como en moitas cidades de Europa e doutras partes do mundo, na Galiza mobilízamo-nos este 15M.

Nas sete cidades, van ter lugar concentración nas prazas. E en Ferrol tamén o imos facer, non só en apoio da convocatoria do 28M na que entraremos nas históricas murallas romanas de Lugo, patrimonio da humanidade, para conformar "Unha Muralla de Dignidade", senón que tamén nos mobilizaremos como en toda Europa na acción internacional #GlobalDebout promovida pola #Nuitdebout (Noite en Pé).
  • Ferrol no mapa mundial da accións locais na #GlobalDebout | Acceder.
  • Ferrol na wiki do evento mundial |  Acceder.
Estaremos no 5º aniversario do movemento 15M, quentando motores para construír "Unha Muralla de Dignidade", o sábado 28M en Lugo.

E non faltaremos á Acción Mundial, dende París até Hong Kong, pasando por Galiza e Ferrol, polos dereitos das persoas, dos pobos... e en defensa do medio ambiente; contra a Troika e as súas políticas austericidas que nos condenan ao paro e ao empobrecemento, contra o latrocinio das grandes corporacións transnacionais, contra o cambio climático... Un outro mundo é posíbel e necesario.

En Ferrol, convocamos á #GlobalDebout desde as Marchas da Dignidade de Ferrolterra (Integrante da Columna Galega das Marchas da Dignidade).
Acción local na mobilización #GlobalDebout
  1. Presentación da Xornada.
  2. Paneis de ideas, denuncias e propostas.
  3. Intervención dos distintos colectivos participantes. Até o de agora:
    • Marchas da Dignidade Ferrolterra.
    • Foro Galego de Inmigración de Ferrolterra.
    • STOP Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo.
    • A.C. Fuco Buxán.
  4. Asemblea aberta: debate e recollida de propostas para cambiar a situación actual.
  5. Actuación musical: Manolo Bacallao, ...
Domingo, 15 de Maio, ás 12 do mediodía, en Ferrol, no Cantón, nas inmediacións do Palco da Música.

Evento no Facebook:
https://www.facebook.com/events/527124170807967/

Pan, Traballo e Teito !
Á rúa que xa é hora!
Marchas da Dignidade Ferrolterra

Contacto:

#ColumnaFerrolterra
marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com


Telefono Ferrolterra:
602 587 531


Conta no Facebook.

Grupo no Facebook.

Conta no Twitter.

Canle de Ferrolterra no Youtube.

martes, 10 de maio de 2016

SOBRAN RAZÓNS PARA SEGUIR LOITANDO......O 28M, LUGO, UNHA MURALLA DE DIGNIDADE.



accede aquí aó documento en PDF: https://drive.google.com/file/d/0B4q_Hj_9LGQSX2sybFFiZFdfTW8/view?usp=sharing

O 28M TODAS E TODOS A LUGO. APUNTATE NOS AUTOBUSES PARA ATEIGAR A MURALLA.DA DIGNIDADE

DENDE A  GALIZA NORTE. Formularios



Para apuntar-se nos buses do 28M, de Ferrol a Lugo ‪#‎MuralladeDignidade‬
http://goo.gl/forms/v2ZhBfyIaE







DENDE A GALIZA SUR. Teléfonos
AUTOBUSES DENDE OURENSE, RIBADAVIA, O CARBALLIÑO
Ligazón ao cartaz en pdf...https://drive.google.com/open?id=0B4q_Hj_9LGQSZGtSUEJwWHpuX3c
AUTOBUSES DENDE VIGO E O MORRAZO.
AUTOBUSES DENDE O VALMIÑOR. Baiona, Nigrán, Gondomar.

AUTOBUSES DENDE O BAIXOMIÑO, CONDADO-PARADANTA E REDONDELA


XUNTANZA E ACORDOS DA COORDINADORA VIGO E COMARCA DAS MMdD_09.05.16

Onte na xuntanza da Coordinadora Local e Comarcal de Vigo acordos para o desenvolvemento da folla de ruta de cara a mobilización do 28M a LUGO.

---DIA 12 - PARTICIPACIÓN ACTIVA NA MANIFESTACIÓN DA SANIDADE EN VIGO.
---DIA 13 - ASISTENCIA DE UNHA DELEGACIÓN A LUGO QUE PARTICIPARA NA RECEPCIÓN NO CONCELLO AS 12 DA MAÑAN E NA POSTERIRO ROLDA DE PRENSA. POLA TARDE FALADOIRO NO SALON DE ACTOS DO EDIFICIO SINDICAL ÁS 20H.
---DIA 15 - CONCENTRACIÓN ÁS 12 DA MAÑAN NA PRAZA DO MERCADO DO CALVARIO COINCIDINDO CAS CONCENTRACIONS QUE TERAN LUGAR NAS 7 CIDADES GALEGAS SEGÚN ACORDO DA COMISIÓN COORDINADORA NACIONAL FACENDO FINCAPÉ NO APOIO DAS MMdD AS MOBILIZACIONS DO 15M, Ó  #GLOBALDEBOUT E UN CHAMAMENTO EXPRESO Á MARCHA SOBRE LUGO O  #28M.
---DO DIA 16 AO 27 -CAMPAÑA DE FAIXAS E CARTELERÍA POR TODA A CIDADE E COMARCA. REPARTO DE OCTAVILLAS POR BARRIOS E ZONAS ESTRATÉXICAS NOS CENTROS DE TRABALLO E NA CIDADE.
---DIA 28 - SAIDA PARA LUGO NOS AUTOBUSES CONTRATADOS AS 9 DA MAÑÁN.
DENDE VIGO. PRAZA DE ESPAÑA
DENDE O MORRAZO: CANGAS/MOAÑA/ BUEU
DENDE O VALMIÑOR. BAIONA/GONDOMAR/NIGRAN
DENDE PARADANTA/BAIXO MIÑO. TUI/PORRIÑO/PONTEAREAS/REDONDELA            


CHAMA E APUNTATE NOS AUTOBUSES
O 28M – TODAS E TODOS A LUGO CONTRA A TROICA…
OLLA NESTE PANFLETO OS TELEFONOS PARA CONTACTAR: 




martes, 3 de maio de 2016

CHAMAMENTO DENDE A PLATAFORMA DE FERROLTERRA PARA FACER DE LUGO UNHA MURALLA DE DIGNIDADE O 28 DE MAIO

“Participa na manifestación do 28M”. 
Fagamos de Lugo unha muralla de Dignidade. 
“Todas e todos somos Marchas da Dignidade, anótate nos buses da túa comarca”. 
Quedamos as 12:00 nas murallas de Lugo.

luns, 2 de maio de 2016

ONTE, -1º DE MAIO- ESTE BLOGUE SUPEROU AS 100.000 VISITAS DENDE QUE VOTOU A ANDAR NO 2014

O 5 de Febreiro de 2014 abríamos o Blogue con esta nova:
“Este martes 11 de febreiro ás 17h. na Gentalha do Pichel de Compostela (r/ santaclara 21. http://gentalha.org/) convócase, en réxime de autoconvocatoria, a colectivos, plataformas e entidades sindicais, sociais, veciñais, políticas,... e a persoas individuais a sumar esforzos cara á organización da marcha galega pola dignidade, dentro da convocatoria estatal para este 22 de marzo.
Mes e medio despois, o 22 de Marzo de 2014, enchíamos de Dignidade Galega as rúas de Madrid xunto con máis de un millón de persoas de todo o estado.
Hoxe, despois de dous anos e 495 entradas con información da Columna Galega das Marchas da Dignidade  neste BLOGUE celebramos que foron superadas as 100.000 visitas.
A bó fe que algo debemos de estar facendo ben, pero ainda queda moito por facer…
Imosss!!!, Seguímosss! porque só nos quedan 26 días para facer da muralla de Lugo UNHA MURALLA DE DIGNIDADE CONTRA O PARO, A CORRUPCIÓN, AS PRIVATIZACIONS, OS RECORTES, OS REPAGOS, A REPRESIÓN, OS DESAFIUZAMENTOS, O TTIP, OS SUICIDIOS, AS DEPORTACIÓNS, AS REFORMAS LABORAIS, Á CONTAMINACIÓN, OS ATAQUES O NOSO AGRO, OS RÍOS, Ó MAR, OS BOSQUES QUE CADA VERÁN NOS QUEIMAN, Ó ENSINO, Á SANIDADE, Á CULTURA…

SOBRAN MOTIVOS E ISTO DEMOSTRA QUE 
XA O SABEMOS MÁIS DE CEN MIL, 
SABÉMOLO TODAS E TODOS. 
O 28M, Imossss!!!