domingo, 10 de abril de 2016

GALIZA, HOXE, POLA LIBERDADE DE ANDRÉS BÓDALO. CONTRA A REPRESIÓN. DEROGACIÓN DA LEI MORDAZA. AMNISTÍA SOCIAL XA!!!........LIBERDADE A TODOS E TODALAS ENCAUSADAS…… .O 28M FAGAMOS, EN LUGO, UNHA MURALLA DE DIGNIDADE…..IMOSSSSS!!!!! NON PASARÁN.!!!!!

MANIFESTO LEIDO NA GALIZA ESTA MAÑAN:
Andrés Bódalo Pastrana é un sindicalista que leva 30 anos defendendo os dereitos laborais dos traballadores e traballadoras, principalmente dos xornaleiros e xornaleiras de Andalucía, colectivo ao que pertence. Sempre defendeu a necesidade dunhas condicións laborais dignas, defendendo a aplicación dos Convenios Colectivos e loitando pola melloras laborais nos mesmos. Foi elixido como concelleiro polo Concello de Xaén nas últimas eleccións municipais o que dá fe do seu apoio popular e a súa calidade de representante público elixido polas urnas.
As accións polas que se condenou ao sindicalista Andrés Bódalo ocorreron no seo dunha concentración fronte ao Concello de Jódar (Xaén) que deron lugar a unha breve confrontación cos que naquel momento ostentaban a representación popular no municipio e na que Andrés tentou en todo momento tranquilizar os ánimos.
Con todo, Andrés foi condenado a 3 anos e 6 meses de prisión por atentado á autoridade. Entendemos que a sentenza resulta desproporcionada no alto grao, quedando a solicitude de indulto como último intento de evitar o seu encarceramento e o cumprimento da pena. Xunto á perda social e sindical que pode provocar a entrada en prisión de Andrés Bódalo únese a difícil situación económica en que queda a súa familia composta por seis persoas de tres xeracións incluído un fillo de 12 anos e unha neta de 6 anos enferma crónica, xa que Andrés é a única fonte de ingresos dunha familia que do mesmo xeito que el e moitas persoas sofren ausencia de rendas e traballo. Por tanto, entendemos que a concesión do Indulto por parte do Consello de Ministros do Goberno de España servirá neste caso para corrixir a desproporción da pena imposta, aínda que nós consideramos que a sentencia non é máis que unha volta de tuerca da represión que o estado está a exercer sobre as protestas cidadáns.
Andrés Bódalo non é a única persoa condeada ou procesada por participar nunha protesta. Centos de persoas padeceron multas, imputacións ou condeas de cárcere desde que comenzou a ofensiva neoliberal criminal da Troika en Europa, agravada no estado español pola aprobación da Lei Mordaza. Alfon, Roberto, César, Guillermo, Andrés, Nicanor, Pablo, Rita, as activistas da CGT sevillanas e un larguísimo etcétera, padeceron a represión do estado, mentres a maioría das persoas corruptas e defraudadoras seguen en liberdade ou con penas que insultan á intelixencia. Pero non nos van calar, seguiremos na rúa para facer fronte a unhas políticas criminais que están a facer sufrir ao pobo. Seguiremos a berrar, ben alto, PAN, TRABALLO E TEITO.

NON PODE SER, NON PODE SER.. OBREIROS NA CADEA E CORRUPTOS NO PODER...
O 28 DE MAIO……….  TODAS E TODOS A LUGO

OKUPEMOS A MURALLA
0 28m FAGAMOS DE LUGO UN PARAPETO CONTRA A TROIKA.

Ningún comentario:

Publicar un comentario