martes, 26 de abril de 2016

CONVOCATORIA XUNTANZA. COMISION COORDINADORA GALEGA COMPOSTELA 2 DE MAIO

Dende a xuntanza do 3 de marzal estamos traballando arreo para facer que o 28 de maio a Columna Galega das MMdD podamos construir en LUGO unha MURALLA DE DIGNIDADE contra a Troika e todo o que consigo levan estas seis letras do alfabeto así dispostas.
Hai en marcha xa iniciativas que temos que terminar de perfilar e consolidar así como acordar a definitiva folla de ruta que leve a bó porto esta mobilización, que como sabedes, forma parte das mobilizacions descentralizadas que se van a facer nesa data a nivel estatal.
Vai pois a convocatoria para o día 2 de maio que inclúe unha proposta de orde do día, e agardamos poder contar ca asistencia do maior número posible de organizacions e persoas. Todas e Todos somos necesarios. A LOITA É O ÚNICO CAMIÑO.





LIGAZÓN A CONVOCATORIA EN PDF.  

O 28M – CONTRA A TROICA…
LUGO UNHA MURALLA DE DIGNIDADE
IMOSSS…!!!
PAN, TRABALLO, TEITO E DIGNIDADE

Ningún comentario:

Publicar un comentario