luns, 4 de abril de 2016

CELEBRADA A ASEMBLEA ESTATAL DAS MARCHAS DA DIGNIDADE EN ZARAGOZA..... O 28 DE MAIO A DIGNIDADE DO POBO VOLVEREMS A TOMAR AS RÚAS.

Con una nutrida asistencia de organizacions e plataformas territorias entre as que estábamos una representación da Columna Galega e da CUT Galicia, celebramos, o 2 de abril no Centro Social Buñuel de Zaragoza, a Asemblea Éstatal das Marchas da Dignidade.
Grande Consenso sobre a necesidade de saír ás rúas o 28 de Maio en cumplimento dos acordos tomados na Asemblea de Vallekas o 31 de xaneiro nunha movilización descentralizada en todo o estado que será o preludio de una grande manfestación sobre Madrid no Outono.  Falamos de grande consenso e non de unanimidade porque hai que ter en conta o plantexamento de  “CGT” e o sindicato “Solidaridad Obrera” que defenderon mudar a data acordada propoñendo como data alternativa para a mobilización descentralizada o 11 de xuño…
Finalmente, con ilusión e forza renovada para seguir camiñando xunt@s concluimos que as MMdD son imprescindibles e que ca actualización do noso Manifesto constituinte á coxuntura actual seremos capaces de sumar e incorporar a confluencia moitas máis forzas rupturistas e anticapitalistas para darlle un golpe definitivo a este Sistema que nos afoga. Xornada exemplar de camaradería e solidariedade entre pobos e organización plurais e diversas.
Dos acordos desta xuntanza, á marxe do que se recolla en acta.  quedou constancia nunha declaración final, que adxuntamos, fixando como data para una próxima  xuntanza da Asemblea Estatal o 18 de Xuño en Asturies.
O 28 M- LUGO. Unha muralla de dignidade…… Imossss!!!!

***DECLARACIÓN FINAL DO ENCONTRO DAS MMdD en ZARAGOZA https://drive.google.com/open?id=0B4q_Hj_9LGQSb1FYdUxVdnY1NTQ

****Fotos da xuntanza.









Ningún comentario:

Publicar un comentario