luns, 4 de abril de 2016

ACCIONS DA COLUMNA GALEGA DAS MMdD NO DÍA DE ACCIÓN GLOBAL POLA LIBERDADE DE ANDRÉS BODALO O DOMINGO 10 DE ABRIL.

En cumplimento dos acordos acadados na xuntanza da Asemblea Estatal das MMdD o 2 de abril en Zaragoza, a Plataforma Galega das MMdD convocamos, con carácter urxente, para o vindeiro Domingo 10 de abril concentracións en Vigo e A Coruña no día de acción global a prol da liberdade de Andrés Bodalo,

Evento Vigo DOMINGO 10 de Abril ás 12:00 no MARCO https://www.facebook.com/events/1079648655390626/

Evento A Coruña DOMINGO 10 de Abril ás 12:00 no OBELISCO
POLA AMNISTÍA SOCIAL. NON A REPRESIÓN.
LIBERDADE ANDRÉS BÓDALO XA!!!.
                               
Blogue para firmar polo indulto de Andrés (Máis de 7000 adhesions xa!!!) 
http://www.indultobodalo.info/

INFORMACIÓN SOBRE ANDRES BÓDALO.:
Andrés Bódalo é un activista social de longa traxectoria, con unha inxente labor como dirixente sindical do SAT pola que participou en innumerables accións en defensa dos dereitos laborais e sociais que nos están arrebatando á clase traballadora.
Andrés está condenado nun xuízo farsa onde probas documentales (videos) e testificales (declaracións de gardas civís) que probaban a súa inocencia non foron admitidas polo xuíz. Un xuíz que foi proposto polo PP como vocal do Consello Xeral do Poder Xudicial e que obrigou nunha sentenza a unha vítima a convivir coa súa maltratador. A única testemuña que admitiu o xuíz foi o dun policía local, que é familiar do Alcalde de Jódar (PSOE), un Concello que foi condenado por vulneración de dereitos fundamentais tras unha denuncia do SAT. Hai que ter en conta que Andrés é tamén concelleiro dunha candidatura do cambio, Jaén en Común, e foi cabeza de lista por Jaén nas eleccións xerais por Podemos. Trala inxusta sentenza, interpúxose un recurso de casación ante o Tribunal Supremo que debido a un esquecemento da procuradora non foi presentado a tempo. Ao fixar a Audiencia Provincial data de ingreso en prisión para o 29 de marzo, a familia presentou a solicitude de indulto e a petición de suspensión do ingreso en prisión mentres se tramita.


Andrés é inocente. Andrés é unha vítima máis da campaña de represión que se exerce desde fai anos contra os movementos sociais.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario