xoves, 3 de marzo de 2016

HOUBO ACORDO NA XUNTANZA DA COORDINADORA GALEGA DAS MMdD: "O 28 de MAIO VOLVEMOS ÁS RÚAS".

Reunidos hoxe na Casa das Asociacións en Compostela, (17:00h), a Comisión Coordinadora da Columna Galega con presenza de sindicatos: STEG- SLG- CUT- CGT- SF-Intersindical-..., Acción Estudiantil, Colectivo Audiovisual Lentes Diverxentes, As Comarcas e Plataformas de Ferrolterra, O Morrazo, Vigo, Ames, Lugo…  O Encontro por unha Marea Galega, A Asemblea Popular, a Plataforma da Hepatitis C, Fronte Civica-SM, PCG, Podemos etc..., (á espera do acta ainda por elaborar), tras algo máis de dúas horas de debate, acordamos convocar MOBILIZACION NACIONAL O 28 de MAIO na cidade de LUGO en sintonía cos acordos da Asemblea estatal do 31 de xaneiro. 
Trátase de situarnos, e situar, a bimilenaria muralla como parapeto defensivo da Dignidade maximizando a idea descentralizadora ao saírnos de Compostela, ademais de contribuír a potenciar unha das das zonas e comarcas menos mobilizadas en Galicia de face á gran mobilización estatal sobre Madrid acordada para Outono.
Ambiente ilusionante entre todas as organizacións e persoas asistentes ao terminar a xuntanza, tras conquerir un
acordo firme en data, lugar e formato, como foron firmes, tamén, o compromiso de empezar a traballar a partir de mañá mesmo no desenvolvemento da folla de ruta que leve a bó porto esta movilización, e as mostras de apoio incondicional, de todas e todos, á Plataforma de Lugo sabedores do esforzo que require o seu papel de anfitriona.
Vai o precartaz co que empezaremos a traballar.
Imossss.!!!   Seguimosss!!!

PAN, TRABALLO, TEITO E DIGNIDADE

Ningún comentario:

Publicar un comentario