mércores, 10 de febreiro de 2016

A PLATAFORMA GALEGA DAS MARCHAS DA DIGNIDADE ESIXIMOS LIBERDADE AOS TITIRITEIROS: LIBERDADE DE EXPRESIÓN. FORA MORDAZAS. SÍ AO ARTE. SÍ A CULTURA. NON A CORRUPCIÓN, NON A GUERRA.



“Desde as marchas da dignidade de Vigo e comarca sumámonos á condena tallante ao encarceramento dos dous titiriteros de Madrid, enviados a prisión sen fianza por adaptar unha obra de Lorca a unha sátira social.
Mentres acusados de pederastia esperan tranquilamente a chegada do seu xuízo xusto, este tipo de accións son castigadas son total sobrepunidade sen que as mencionadas decisión, tan perigosas e graves para os dereitos fundamentais, teñan remota consecuencia. Ao fío, o machuque mediático, as medias verdades e a manipulación que algúns mass media exerceron sobre a citada noticia, é un exemplo da gravísima capacidade adoctrinadora dos medios de comunicación.
A evolución desta historia é tan ridícula coma se se encarcelase a unha compañía de teatro por mostrar actores vestidos de nazis mentres denuncian o holocausto nunha representación de crítica ao mesmo. Precisamente a protesta intrínseca da obra versaba sobre o que foi pura realidade: nin dúas horas tardaron estes compañeiros en dar cos seus ósos en illamento mentres a vara de medir axústase ao antoxo de moitos outros.
Igualmente insultouse gravemente a intelixencia dos cidadáns ao escusar esta represión coa protección dos menores, que constantemente están sufrindo e visionando non obras con títeres, senón historias peores na realidade, que son reflectidas sen tapuxo nin corte en televisión e prensa a diario. Outros as sofren directamente nas súas casas cando as forzas da orde lles desafiuzan. Neses casos, España non clama pola protección do menor.
A tamaña falta de respecto que supón frivolizar coa apoloxía terrorista é fraco favor cara a un tema tan serio, tan doloroso e tan afastado de bonecos de felpa. Como na obra á bruxa, a estes compañeiros colgóuselles o cartel para sacarlles a foto. Cabezas de turco de manual: mentres outros se pasearon por medios de todo pelaxe empuñando mensaxes de violencia (real, convencida, pensada, non sátiras) en prime time e non se moveu nin un só policía Nacional. Vergoñento.
De xeito torticero castígase o pensamento libre, a disidencia: é un posicionamiento firme para marcar a todo o que ouse desafiar á mordaza que nos queren impoñer.
O grave e sinistro exemplo da caza de bruxas, en coalición perfecta entre os creadores de opinión e os poderes policiais, pon en risco non só o dereito á liberdade de expresión, senón que demostra que o estado de dereito segue sendo unha quimera irreal que se modifica segundo os intereses do poder.

LIBERDADE TITIRITEIROS”

Ningún comentario:

Publicar un comentario