martes, 9 de febreiro de 2016

A PLATAFORMA GALEGA DAS MARCHAS DA DIGNIDADE APOIAMOS Á INXENTE LABOR SOCIAL QUE VEN DESENVOLVENDO A R.S.P EN VIGO E, POLO MESMO, POSICIONAMONOS FRONTE AO DESALOXO PREVISTO DE “VILLA JUANITA” NA RÚA HISPANIDADE-73, E CONTRA A DENUNCIA POR “USURPACIÓN” INTERPOSTA, DIRIXIDA E PERSOALIZADA EN ELISA.

A Rede de Solidariedade Popular de Vigo, R.S.P., é unha organización social, sen ánimo de lucro, solidaria, como o seu propio nome indica que, sen subvencións de ningún tipo e só a través do traballo voluntario que desenvolven os seus activistas, realiza unha tarefa inestimable na cidade a prol das, e os máis necesitados. Este espazo alternativo que conta con centros de similares características noutras provincias do Estado Español acolle e axuda ás persoas sen recursos tratando de facilitarlles non só as cuestións básicas para vivir senón de elevar a súa autoestima e aportar algo que é imprescindible e inherente ao ser humano: A DIGNIDADE.

Fai algo máis dun ano decidiron ocupar unha casa que estaba abandonada desde facía moitos anos, na rúa Hispanidad. O estado do inmoble era lamentable. Os voluntarios da Rede recuperaron o espazo, fixeron unha reparación integral da casa, respectando o seu contido e sen danalo en ningún momento. Usárono para exercer un ininterrumpido traballo social aberto ao barrio. Realizaron recolleitas de alimentos semanais que serviron de subsistencia a varias familias da cidade, contan cun roupeiro solidario e, ademais, influíron no espazo cultural mediante a organización de proxeccións, talleres, charlas e conferencias, de contido social; Prestan asistencia legal e atención psicolóxica, imparten clases de idiomas, debuxo e outras actividades de forma totalmente desinteresada e nun ambiente pedagóxico inmellorable.
Doutra banda facilitan un espazo de encontro para distintos colectivos da cidade que carecen de lugar de reunión. Neste senso, queremos lembrar, e agradecer, que foi precisamente na sé da RSP de Vallecas, en Madrid, donde mantivemos a derradeira xuntanza estatal das Marchas da Dignidade, o pasado 31 de xaneiro.
É lamentable que teñan que ser o pobo, a xente do común, a través de organizacións como a da R.S.P. quen teña que asumir un labor que, de acordo coas leis, corresponde ás institucións públicas pero o que é moito máis grave é que tras tomar a iniciativa, ante a pasividade e ineficacia nas cuestións sociais dos poderes publicos, teñan agora que desokupar e entregar un espazo que foi recuperado, traballado e socializado en pleno centro de Vigo sen custo algún para o erario público cando a propiedade privada tíñao totalmente abandonado e en ruínas, co consiguiente e potencial perigo, e sen ningunha esixencia por parte da administración. 
É á vez inconcibible que se lles obrigue a abandonar un traballo que realizan de forma altruísta conseguindo paliar en boa parte o enorme déficit en políticas sociais que presentan tanto o Concello de Vigo como da Xunta de Galicia e, a máis abundamento, aínda por riba, ter que respostar a acusacións como a de usurpación á que parece vai ter que enfrontarse Elisa, unha das súas activistas máis importante.
A Plataforma Galega das Marchas da Dignidade chamamos a toda a ciudadanía viguesa, e galega, a sumarse a convocatoria de apoio a la labor da RSP de Vigo e á de todas e todos os seus activistas, que terá lugar o vindeiro 17 de febreiro, a las 17:00h. na rúa Hispanidade, fronte a nº 73.

 Somos Rede. Somos Pobo. Somos Poder...Imossss!!!. 
Máis información en: http://www.reddesolidaridadpopular.org/red/vigo



Ningún comentario:

Publicar un comentario