luns, 29 de febreiro de 2016

NA GALIZA CUMPLIMENTAMOS OS ACORDOS ESTATAIS DE PATICIPACION ACTIVA DAS MMdD. EN TODAS AS MOBILIZACIONS SECTORIAIS E PREPARAMONOS PARA AS MOBILIZACIONS UNITARIAS DESTE 2016. O VINDEIRO XOVES 3 DE MARZAL, XUNTANZA DA COMISIÓN COORDINADORA DA COLUMNA GALEGA EN COMPOSTELA. Casa das Asociacions ás 17:00h.

Entre outros iste foi o chamamento dende Ferrolterra a participar nas dúas grandes manifestacions do día 27
“ALERTA!! IMPORTANTES MANIFESTACIÓNS ESTE PRÓXIMO SÁBADO 27 DE FEBREIRO
Desde as marchas da dignidade de ferrolterra, queremos anunciar e promover a participación de todas e todos nas dúas manifestacións que hai o pŕoximo sábado 27 de Febreiro. Unha en Compostela ás 11:30 da mañá contra a lei de acuicultura que quere aprobar a Xunta de Feijoo e as súas destrutivas políticas neoliberais que supón a entrega ás multinacionais das mellores zonas produtivas de pesca e marisqueo para a súa explotación, sobre todo con a instalación de granxas de peixe de produción intensiva, acabando con o marisqueo e pesca artesanal e toda a economía local e sustentábel das comarcas costeiras . E pola tarde ás 19:30 na Coruña, por unha ‪#‎PasaxeSegura, para todas as persoas que están escapando das guerras e miseria producidas por este sistema inxusto e cruel.
As marchas da dignidade de ferrolterra propoñemos:
Poñer un bus desde ferrolterra para acudir a Compostela á manifestación contra a lei de acuicultura. Para encher un bus de 54 prazas, necesitamos que nos comuniquedes antes da noite do martes, se estariades interesadas en ir no bus a esta importante manifestación, onde nos xogamos todas e todos moito aínda que non traballemos no mar. Necesitamos que respondades a través do facebook nunha mensaxe ou comentando esta proposta para saber se podemos lanzarnos a fletar o bus.
Para a manifestación de pola tarde en Coruña, propoñemos un punto de encontro para coches particulares, para embarcar xente nas prazas libres.”


Tamén dende Redondela.
E velaiquí  os resultados.

AS MMdD, TEMOS A OBRIGA 
DE SEGUIR NAS RÚAS.
SIN MOBILIZACION NON HAI SOLUCIÓN. 
NESTE 2016 
   IMOSSS…!!!,  SEGUIMOSSSS!!!
PAN, TRABALLO E TEITO E DIGNIDADE
Ligazón ao artigo en Mundo Obrero que recolle os acordos acadados na xuntanza estatal das MMdD, o 31 de xaneiro ultimo.

luns, 15 de febreiro de 2016

BAIXO CHUVIA E VENTO, MOBILIZAMONOS EN FERROL EN SOLIDARIEDADE CON ALFONSO E RAÚL, OS TITIRITEIROS INXUSTAMENTE DETIDOS EN MADRID - FOTOS - ESCRITO DE KARLOTTI VALLE







Este sábado 13 de Febreiro de 2016, baixo chuvia e vento, en solidariedade con Alfonso e Raúl, os titiriteiros inxustamente detidos en Madrid. Pola retirada de todos os cargos que hai contra eles, pola inhabilitación do xuíz que o encarcerou e na defensa dos dereitos fundamentais. Minutos antes coa Marcha Mundial das Mulleres na denuncia do feminicidio que non cesa. Ademais das fotos que recolleitamos nas redes sociais queremos publicar este texto de Karlotti Valle que resume o noso sentir:
Arroupados pola choiva oblicua, desde o corazón da intemperie alzamos a voz contra o crime que a ignorancia alimenta, e contra o medo, a represión, a brutalidad e a miseria que o poder administra.

Denunciamos a arbitrariedade, a impunidade e a hipocresía.

Facemos responsables aos medios de comunicación, como parte do aparello represivo totalitario, que cada día, sen vergonza, exhiben, e que chaman democracia nun xesto de hipocresía intolerable.

Non imos a deixar ningunha inxustiza, ningún crime, a violencia de xénero, e a violencia económica, sen denunciar.

O machismo, a miseria, e a ignorancia, son o soporte deste poder corrupto que nos desgobeerna.

Risa e Resistencia
Marchas da Dignidade de Ferrolterra

Enlace relacionado:
Concentración en solidariedade cos Titiriteiros e en defensa dos dereitos fundamentais, sábado 13 de Febreiro na Praza do Concello de Ferrol, diante do Palacio Municipal. | Acceder.

|||||||||||||||||

mércores, 10 de febreiro de 2016

A PLATAFORMA GALEGA DAS MARCHAS DA DIGNIDADE ESIXIMOS LIBERDADE AOS TITIRITEIROS: LIBERDADE DE EXPRESIÓN. FORA MORDAZAS. SÍ AO ARTE. SÍ A CULTURA. NON A CORRUPCIÓN, NON A GUERRA.



“Desde as marchas da dignidade de Vigo e comarca sumámonos á condena tallante ao encarceramento dos dous titiriteros de Madrid, enviados a prisión sen fianza por adaptar unha obra de Lorca a unha sátira social.
Mentres acusados de pederastia esperan tranquilamente a chegada do seu xuízo xusto, este tipo de accións son castigadas son total sobrepunidade sen que as mencionadas decisión, tan perigosas e graves para os dereitos fundamentais, teñan remota consecuencia. Ao fío, o machuque mediático, as medias verdades e a manipulación que algúns mass media exerceron sobre a citada noticia, é un exemplo da gravísima capacidade adoctrinadora dos medios de comunicación.
A evolución desta historia é tan ridícula coma se se encarcelase a unha compañía de teatro por mostrar actores vestidos de nazis mentres denuncian o holocausto nunha representación de crítica ao mesmo. Precisamente a protesta intrínseca da obra versaba sobre o que foi pura realidade: nin dúas horas tardaron estes compañeiros en dar cos seus ósos en illamento mentres a vara de medir axústase ao antoxo de moitos outros.
Igualmente insultouse gravemente a intelixencia dos cidadáns ao escusar esta represión coa protección dos menores, que constantemente están sufrindo e visionando non obras con títeres, senón historias peores na realidade, que son reflectidas sen tapuxo nin corte en televisión e prensa a diario. Outros as sofren directamente nas súas casas cando as forzas da orde lles desafiuzan. Neses casos, España non clama pola protección do menor.
A tamaña falta de respecto que supón frivolizar coa apoloxía terrorista é fraco favor cara a un tema tan serio, tan doloroso e tan afastado de bonecos de felpa. Como na obra á bruxa, a estes compañeiros colgóuselles o cartel para sacarlles a foto. Cabezas de turco de manual: mentres outros se pasearon por medios de todo pelaxe empuñando mensaxes de violencia (real, convencida, pensada, non sátiras) en prime time e non se moveu nin un só policía Nacional. Vergoñento.
De xeito torticero castígase o pensamento libre, a disidencia: é un posicionamiento firme para marcar a todo o que ouse desafiar á mordaza que nos queren impoñer.
O grave e sinistro exemplo da caza de bruxas, en coalición perfecta entre os creadores de opinión e os poderes policiais, pon en risco non só o dereito á liberdade de expresión, senón que demostra que o estado de dereito segue sendo unha quimera irreal que se modifica segundo os intereses do poder.

LIBERDADE TITIRITEIROS”

martes, 9 de febreiro de 2016

A PLATAFORMA GALEGA DAS MARCHAS DA DIGNIDADE APOIAMOS Á INXENTE LABOR SOCIAL QUE VEN DESENVOLVENDO A R.S.P EN VIGO E, POLO MESMO, POSICIONAMONOS FRONTE AO DESALOXO PREVISTO DE “VILLA JUANITA” NA RÚA HISPANIDADE-73, E CONTRA A DENUNCIA POR “USURPACIÓN” INTERPOSTA, DIRIXIDA E PERSOALIZADA EN ELISA.

A Rede de Solidariedade Popular de Vigo, R.S.P., é unha organización social, sen ánimo de lucro, solidaria, como o seu propio nome indica que, sen subvencións de ningún tipo e só a través do traballo voluntario que desenvolven os seus activistas, realiza unha tarefa inestimable na cidade a prol das, e os máis necesitados. Este espazo alternativo que conta con centros de similares características noutras provincias do Estado Español acolle e axuda ás persoas sen recursos tratando de facilitarlles non só as cuestións básicas para vivir senón de elevar a súa autoestima e aportar algo que é imprescindible e inherente ao ser humano: A DIGNIDADE.

Fai algo máis dun ano decidiron ocupar unha casa que estaba abandonada desde facía moitos anos, na rúa Hispanidad. O estado do inmoble era lamentable. Os voluntarios da Rede recuperaron o espazo, fixeron unha reparación integral da casa, respectando o seu contido e sen danalo en ningún momento. Usárono para exercer un ininterrumpido traballo social aberto ao barrio. Realizaron recolleitas de alimentos semanais que serviron de subsistencia a varias familias da cidade, contan cun roupeiro solidario e, ademais, influíron no espazo cultural mediante a organización de proxeccións, talleres, charlas e conferencias, de contido social; Prestan asistencia legal e atención psicolóxica, imparten clases de idiomas, debuxo e outras actividades de forma totalmente desinteresada e nun ambiente pedagóxico inmellorable.
Doutra banda facilitan un espazo de encontro para distintos colectivos da cidade que carecen de lugar de reunión. Neste senso, queremos lembrar, e agradecer, que foi precisamente na sé da RSP de Vallecas, en Madrid, donde mantivemos a derradeira xuntanza estatal das Marchas da Dignidade, o pasado 31 de xaneiro.
É lamentable que teñan que ser o pobo, a xente do común, a través de organizacións como a da R.S.P. quen teña que asumir un labor que, de acordo coas leis, corresponde ás institucións públicas pero o que é moito máis grave é que tras tomar a iniciativa, ante a pasividade e ineficacia nas cuestións sociais dos poderes publicos, teñan agora que desokupar e entregar un espazo que foi recuperado, traballado e socializado en pleno centro de Vigo sen custo algún para o erario público cando a propiedade privada tíñao totalmente abandonado e en ruínas, co consiguiente e potencial perigo, e sen ningunha esixencia por parte da administración. 
É á vez inconcibible que se lles obrigue a abandonar un traballo que realizan de forma altruísta conseguindo paliar en boa parte o enorme déficit en políticas sociais que presentan tanto o Concello de Vigo como da Xunta de Galicia e, a máis abundamento, aínda por riba, ter que respostar a acusacións como a de usurpación á que parece vai ter que enfrontarse Elisa, unha das súas activistas máis importante.
A Plataforma Galega das Marchas da Dignidade chamamos a toda a ciudadanía viguesa, e galega, a sumarse a convocatoria de apoio a la labor da RSP de Vigo e á de todas e todos os seus activistas, que terá lugar o vindeiro 17 de febreiro, a las 17:00h. na rúa Hispanidade, fronte a nº 73.

 Somos Rede. Somos Pobo. Somos Poder...Imossss!!!. 
Máis información en: http://www.reddesolidaridadpopular.org/red/vigo