martes, 26 de xaneiro de 2016

ONTE EN COMPOSTELA, XUNTANZA DA PLATAFORMA GALEGA DAS MMdD. "APRESTÁNDONOS DE CARA AS MOBILIZACIONS DESTE 2016"

Onte, na tardiña, na estación de Cornes "Casa das Asociacións" en Compostela mantivemos a primeira xuntanza deste ano da Plataforma Galega das Marchas da Dignidade.
Con unha nutrida asistencia, en torno a 20 organiacions de todo o pais desenvolvemos a orde do día previamente acordada insistindo na necesidade da presenza deste movemento nas rúas, hoxe máis que nunca. "Si non existiran as Marchas da Dignidade, habería que inventalas" se dixo.

Entre outras cuestions aprobamos o noso posicionamento claro EN CONTRA DA GUERRA, E DA BARBARIE avaliando o acordado na xuntanza de Teis o 28 de novembro donde, a iniciativa da CUT, se levou a cabo o I Encontro de Sindicalismo e Movementos Sociais no que se trataron  importantes cuestions en cuanto a coordenación de axendas e suma de forzas en todo o pais así como un acordo de posicionamento claro e inequívoco en contra da Guerra  do que xurdiu unha convocatoria conxunta de concentración fronte ao Marco, en Vigo, o 5 de nadal, baixo o lema "Galiza contra a Guerra."

Con algunhas ausencias escusadas e outras sin escusa decidimos "seguir camiñando", sumando e propoñendo mobilizacions para este 2016 e acordamos nomear aos dous representantes que asistiran o vindeiro 31 a Xuntanza estatal que terá lugar na sede da RSP en Madrid.
Imossss!.  Adiante cas Marchas da Dignidade.  
PAN, TRABALLO, TEITO E DIGNIDADE.
NON A GUERRA IMPERIALISTA.

Ningún comentario:

Publicar un comentario