Onte, na tardiña, na estación de Cornes "Casa das Asociacións" en Compostela mantivemos a primeira xuntanza deste ano da Plataforma Galega das Marchas da Dignidade.
Con unha nutrida asistencia, en torno a 20 organiacions de todo o pais desenvolvemos a orde do día previamente acordada insistindo na necesidade da presenza deste movemento nas rúas, hoxe máis que nunca. "Si non existiran as Marchas da Dignidade, habería que inventalas" se dixo.

Con algunhas ausencias escusadas e outras sin escusa decidimos "seguir camiñando", sumando e propoñendo mobilizacions para este 2016 e acordamos nomear aos dous representantes que asistiran o vindeiro 31 a Xuntanza estatal que terá lugar na sede da RSP en Madrid.
Imossss!. Adiante cas Marchas da Dignidade.
PAN, TRABALLO, TEITO E DIGNIDADE.
NON A GUERRA IMPERIALISTA.