mércores, 21 de decembro de 2016

En Ferrol, como noutras cidades da Galiza e do resto do Estado, vai ter lugar unha Manifestación Unitaria contra a pobreza enerxética e contra o oligopolio das corporacións eléctricas, o mércores 21 de Decembro


O recibo da luz volveu a subir en Novembro 2016, co que acumula sete meses consecutivos de incrementos, o que representa unha suba media por fogar do 27,8%. En Outubro, era o Tribunal Supremo o que tombaba o chamado "bono social", e obrigaba a indemnizar as eléctricas por ter que pagar esa tarifa subvencionada que levaba dous anos en vigor. O tribunal recoñece o "dereito" das compañías eléctricas a cobrar unha indemnización polas cantidades que tivo que asumir, o que repercutirá na tarifa que temos que pagar todas. Mentres, Iberdrola, Endesa e Gas Natural-Fenosa rexistraron un beneficio conxunto nos seis primeiros meses de 2016 de perto de 2.900 millóns de euros... mentres, na Galiza son máis de 110.000 fogares afectados pola pobreza enerxética e no resto do estado supera os catro millóns de persoas afectadas...

Mobilizámonos para esixir medidas contra a pobreza enerxética, na súa prevención e eliminación, mais tamén na denuncia aos oligopolios eléctricos que, co apoio gobernamental, impoñen prezos, baleirando as economías domésticas e as arcas públicas, para os seus beneficios privados. Desde principios deste mes veñen-se realizando mobilizacións en toda Europa, para denunciar esta situación, onde moitos fogares padecen a pobreza enerxética. Este 21 de Decembro, están convocadas varias mobilizacións en Galiza e en moitas cidades do resto do Estado, para que, entre outras demandas, non se permita ás compañías eléctricas que corte a luz a familias con problemas económicos. O recente casos de Rosa, unha anciá de Reus (Catalunya) que finaba queimada polo lume causado po unhas velas, logo de que Gas Natural Fenosa cortara a subministración eléctrica sen informar aos servizos sociais; mesmo, con anterioridade en Ourense, onde outro ancián, de 87 anos, morría queimado, e o seu irmán quedaba con queimaduras graves pola mesma razón; crearon unha onda de indignación. Cada vez son máis as persoas que queren rematar xa coas tarifas abusivas e os cortes de luz a familias sen recursos.

O estado neoliberal avanza na súa consolidación e o que tiña que ser o recoñecemento do dereito de acceso universal á enerxía e á auga como subministración básica, ao igual que o dereito á vivenda digna e adecuada, o dereito á alimentación, aos coidados, á educación e á saúde, a un traballo digno ou a unha renda básica, para que cada persoa poida gozar dunhas condicións de vida dignas; o estado neoliberal converte, o dereito á enerxía como servizo público esencial, nun negocio privado con beneficios garantidos, controlado por cinco corporacións eléctricas que conforman un oligopolio... O estado neoliberal, fai do dereito beneficencia; e en vez de desenvolver medidas estruturais, con solucións inmediatas, permanentes e preventivas... aplica só medidas paliativas, perpetuadoras da pobreza e a dependencia, de por vida, dos servizos sociais de ducias de miles de fogares.

Cumpre xa pasar a ofensiva, non se mantén que o oligopolio conformado polas corporacións eléctricas manteñan en xaque a un Estado e na pobreza enerxética a millóns de persoas, logo de facer-se con máis de 103.000 millóns de euros cobrados ilexitimamente entre o período 1997 e 2013 ou que siga reclamando ducias de miles de millóns polo chamado "déficit enerxético" sen ningún tipo de control, nin auditoría.

Polo que Reclamamos:

1. Prohibición legal de todos os cortes de luz a familias con problemas económicos. As eléctricas deberán dirixirse á administración para comprobar a situación das familias que non abonen os seus recibos. Si sofren vulnerabilidade económica, non poderán cortarlles o fornezo e o custo será asumido polas compañías.

2. Fin aos abusos tarifarios. Aprobación dunha tarifa accesíbel, regulada polo Goberno, á que poderán acollerse todos os consumidores domésticos na súa primeira residencia.

3. Creación dunha auténtica tarifa social. Substitución do actual bono social por unha tarifa de reducida contía dirixida ás familias con baixos niveis de renda, sufragada polas eléctricas.

4. Recoñecemento e devolución por parte das grandes eléctricas dos 3.500 millóns de euros que cobraron indebidamente en conceptos de Custos de Transición á Competencia (CTCs).

5. Auditoría ao sistema eléctrico. Realización dunha análise dos custos do sistema desde que se puxo en marcha a liberalización do sector, co obxectivo de determinar o prezo real das tarifas eléctricas.

6. Aplicación do tipo de IVA superreducido á electricidade, pasando do 21% actual ao 4% por ser considerado un servizo esencial para a cidadanía.

7. Creación dunha tarifa eléctrica galega. Non só tendo en conta que Galiza é excedentaria na produción de electricidade como tamén polo impacto ambiental negativo que padecemos a causa diso.

8. Rescate para o sector público de activos enerxéticos hoxe en mans privadas, exercendo así o control sobre as actividades estratéxicas enerxéticas e devolver o carácter de ben público ao sector, para que se poida exercer con garantía o dereito de acceso universal á enerxía, un ben común esencial, para que cada persoa poida vivir dignamente.

9. Demandar do Parlamento de Galicia a continuación da tramitación da Proposición de Lei, por Iniciativa Lexislativa Popular, de Medidas para Garantir a Enerxía como Servizo Público e Contra a Pobreza Enerxética, e esixir que se leven ao cabo as actuacións que debe realizar a Xunta de Galicia e as demandas que debe esixir ao Goberno Central, para protexer as familias que se atopen nesa situación e resto de medidas contempladas na Proposición de Lei.

28 entidades que polo de agora participan na convocatoria:

- Stop Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrolterra.
- PAH de Ferrol e Comarca.
- Espazo Ecosocialista.
- Asociación Veciñal "O Rosario" do Inferniño.
- AVV "A Madalena" Ferrol .
- Fundaçom Artábria.
- Marcha Mundial das Mulleres.
- Foro Galego de Inmigración.
- A Revolta de Trasancos Colectivo Sociocultural.
- Esquerda Unida -EU.
- ANOVA-IN.
- Fuco Buxán A.C.
- Decide En Común.
- Marchas da Dignidade Ferrolterra.
- Cerna.
- MoveNeda - Movemento Veciñal.
- Asociación Sociocultural Muíño do Vento.
- Ateneo Ferrolán.
- Asociación Sociocultural “López Bouza”.
- Sindicato de Estudantes.
- Esquerda Revolucionaria.
- Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza - ADEGA.
- LiGanDo.
- Tenda de Troco de Arméria Soc. Coop. Galega.
- Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol.
- Grupo de Consumo "Fonte da Uz".
- Bloque Nacionalista Galego -BNG.
- Xunt@s por As Pontes

Evento no facebook:
MATERIAL GRÁFICO PARA A CONVOCATORIA
Cartaces en formato pdf e tamaño DIN-A3, tanto en B/N coma a Cor.
Folla informativa en formato pdf e tamaño DIN-A5.
Nota.- Vai moi axustado, para imprimir dúas follas porcada DIN-A4, polo que si sae algo cortado, configurar a impresión sen marxes. probamos e sae ben.

Unha imaxe para difundir polas redes sociais ou colgar nos blog e web. en formato jpeg.
CUÑA RADIOFÓNICA
Elaborada e difundida por Rádio Filispim, en formato mp3: Acceder/Baixar.

---

luns, 19 de decembro de 2016

HOXE EN VIGO, NA PRAZA DA PRINCESA, ROLDA DE PRENSA CONXUNTA, COORDINADA POLA PAH ANUNCIANDO A MANIFESTACION DO DIA 21 CONTRA A POBREZA ENERXETICA EN VIGO . COMPOSTELA E FERROLTERRA TAMEN SE SUMAN

A Columna Galega das Marchas da Dignidade participando de un amplísimo acordo con outras organizacións coordinadas pola PAH asistimos hoxe a rolda de prensa para explicar a próxima mobilización que levaremos a cabo en Vigo, e noutros lugares de  Galicia, o vindeiro 21 de decembro baixo o lema:

“A pobreza enerxética mata” #AugaLuzgasParaTodas

 A pobreza enerxética afecta a 100 mil fogares galegos. Isto supón que ao  redor de 300.000 persoas en Galicia teñan dificultades para afrontar as facturas dá luz.
A pobreza Enerxética é causa de mortes na Galiza e en todo o Estado.
Miles de persoas asinaron o manifesto contra a Pobreza Enerxética
En Vigo nun feito historico coincidimos nesta manifestación para saír o día 21 á rúa mais movementos sociais, sindicatos, e forzas políticas que nunca. UNIDADE NAS LOITAS Iste é o espíritu e o fin co que naceron e se constituiron as Marchas da Dignidade.  Imosss!!!

En Vigo, as 8 da tarde, o mércores dia 21,
dende Vía Norte ata o Marco,
as MMdD saímos á rúa porque  a Pobreza Enerxética Mata
Non queremos que ningunha persoa teña que alumarse con velas porque non pode pagar a factura  #SuministrosGarantizados A Pobreza Enerxética Mata 
Nin sede, nin frío, nin escuridade!
LIGAZÓN A ALGUNHAS NOVAS RECOLLIDAS POLOS MEDIOS:
NOTICIAS GALICIA.COM http://www.noticiasgalicia.com/index.php/sociedad-vigo/34466/una-manifestacion-recorrera-vigo-en-contra-de-la-pobreza-energetica
INVERSION&FINANZAS.COM http://www.finanzas.com/noticias/economia/20161219/manifestacion-recorrera-vigo-contra-3539637.html
NOTICIAS VIGO http://www.noticiasvigo.es/manifestacion-la-pobreza-energetica-vigo/
VIGO AL MINUTO http://www.vigoalminuto.com/2016/12/08/vigo-se-rebela-contra-la-pobreza-energetica/

LIGAZÓN á octavilla que se está a repartir en Vigo e comarca:

Tamén dende COMPOSTELA e FERROLTERRA as MMdD fan o chamamento a esta mobilización 
EN FERROL MANIFESTACIÓN AS 19:00H DENDE A PRAZA AMADA GARCÍA
DIA: MÉRCORES 21 DE DECEMBRO.
HORA: 7 DA TARDE (19:00HS).
LUGAR DE SAÍDA E CHEGADA: PRAZA AMADA GARCIA (DIANTE DO EDIFICIO ADMINISTRATIVO DA XUNTA DE GALICIA)PERCORRIDO: RÚAS REAL, TERRA, IGREXA, PRAZA DO CALLAO E ROCHEL.
EVENTO NO FACEBOOK DE FERROLTERRA

MATERIAL GRÁFICO PARA A CONVOCATORIA DE FERROLTERRA
Cartaces en formato pdf e tamaño DIN-A3, tanto en B/N coma a Cor.
Folla informativa en formato pdf e tamaño DIN-A5. - Folha en B/N: Acceder/Baixar.

sábado, 17 de decembro de 2016

ONTE NOVA XUNTANZA EN COMPOSTELA DA COLUMNA GALEGA DAS MARCHAS DA DIGNIDADE.

Onte a Columna Galega das Marchas da Dignidade mantivemos unha nova xuntanza en Compostela donde fixemos unha valoración das mobilizacions do outono  especialmente da que atinxe ao tema da represión que centralizamos na manifestación do Carballiño o día 3 de nadal en solidariedade co noso compañeiro represaliado Emilio Cao. Neste sentido, tras un debate interesante, con distintas aportacions, acordouse asumir a valoracion publicada xa nun post anterior deste blogue, con data 11 de decembro.Acordouse ratificar o calendario de mobilizacions para 2017 proposto pola Asemblea Estatal con dúas datas a coordinar en todo o estado. 25 de Febreiro descentralizada e 28 de Maio unha nova grande mobilización centralizada en Madrid.A mobilización do 25 de Febreiro, a formatear en proximas reunions, acordouse que, na Galiza, será sobre Compostela en defensa dos servizos públicos e con especial enfasis no tema das pensións polo que se contará especialmente co colectivo de pensionistas que este mesmo martes día 20 teñen convocadas mobilizacions en todo o país.Doutra banda acordouse traballar como Marchas da Dignidada a mobilización que o día 21 terá lugar en Galicia fronte a Pobreza Enerxética que no caso da Galiza Sur está coordinada pola PAH e no caso do Norte somos as propias MMdD as que estámos levando adiante  o tema, especialmente en Ferrolterra.Liga aquí ós documentos adxuntos:BORRADOR ACTA ASEMBLEA ESTATAL 10/12/16 https://drive.google.com/file/d/0B4q_Hj_9LGQSckx1MUpEYkYwT2c/view?usp=sharingCONVOCATORIA XUNTANZA COLUMNA GALEGA 16/12/16 https://drive.google.com/file/d/0B4q_Hj_9LGQSd1hEWkY2ZjRTblE/view?usp=sharing  

domingo, 11 de decembro de 2016

VALORACIÓN DA MOBILIZACIÓN DAS MMdD O 3D NO CARBALLIÑO…… E O DÍA 21 SEGUIMOS… CONTRA A POBREZA ENERXETICA, FRONTE OS GOBERNOS E FRONTE O CAPITAL IMOSSS!!!

Aínda que a mobilización do pasado día 3, formalmente fora acordada na Asemblea Estatal das MMdD de fai dous meses e logo ratificada fai aproximadamente un mes na Columna Galega, ó certo é que o chamamento, e a mesma campaña, tivo inicio quince días antes, exactamente o día 16 de novembro cando o pai de Emilio Cao, deu o visto bo para levar ó Carballiño a mobilización.
Sen entrar en dereivas esquizoides en canto as cifras de asistentes; se tres mil participantes que deu a policía municipal, ou os mil asistentes para a xeralidade da prensa do Réxime, coidamos que a manifestación do Carballiño foi un éxito incuestionable das MMdD. Si, incuestionable se temos en conta a premura, xa citada, da convocatoria (15 días).
Foi un éxito polo número de asistentes, foino sobre todo pola acollida e a solidariedade con Emilio Cao antre xs veciñxs da vila, e tamén o foi, pola proxección mediática no conxunto do País. Evidentemente co 3D non rematou nada, pero fomos quen de romper o cerco de condea previa e ignominiosa ó compañeiro Emilio. Se hai compromiso e continuidade, todo será máis facil, tanto para enfrontar á represión en xeral como para defender a Emilio ou a Diego as portas xa de ser xulgado o vindeiro 17 de xaneiro.
Estamos cansos de valoracións sesudas, e non precisamente porque despreciemos ter que facelas, ou descoñezamos a importancia das mesmas. Estámolo porque nos cansamos de analizar ó óbvio, ó reiterado, ó máis que sabido. O masoquismo non aportaría nada. O único que temos claro é que; se todos os factores activos existentes neste Pais que se din anticapitalistas, traballaran no mesmo sentido, se de verdade creéramos nas capacidades do noso pobo, a manifestación do sábado día 3, non sería un éxito, simplemente sería multitudinaria. E isto so pode facelo as MMdD, ninguén máis. Ou sabedes de alguén?...
De verdade, desde os movementos sociais, desde os sindicatos de clase e sobre todo, desde as organizacións políticas que din querer mudar o Réxime traballamos para ateigar O Carballiño? De verdade creemos na nosa convocatoria? Non podemos xeralizar, claro que non, porque houbo compañeirxs que unha vez máis deixáronse a pel no traballo, pero a resposta é NON. Por iso o resultado exitoso do 3D non é a expresión de todxs quenes conformamos a Columna Galega.
Cando nos chamamentos a mensaxe é nítida e responde ó sofrimento do pobo, cando existe unha boa organización e unha dirección eficaz, e se finalmente hai unha entrega militante para acadar o obxectivo, claro que se acada e o pobo responde. Sen embargo, cando non se cree no chamamento ("Pero cómo, no Carballiño?"), ou cando a nosa participación limítase a apariencia ("hai que estar por se acaso…"), a resultante é que ó final nin estamos nós, e ademáis estamos impedindo que amplas capas de cidadáns en clave rupturista o estean. Pode chamarse isto sabotaxe?. Xa sexa de forma consciente ou inconsciente: SI. Reflexionemos sobre isto…
Evidentemente, non imos a analizar o número de buses chegados ó Carballiño, tampouco a aportación cuantitativa de cada unha das comarcas ou de cada unha das organizacións ou dos colectivo á manifestación. Si era viable ou non fletar un tren subvencionado tal e como se propuxo si se poñían ao día nas cuotas pendientes todas as organizacions. Non, non imos a entrar nesa análise. Que cada quen faga a súa, e sinale os porqués con honestidade e despois saque conclusións. Sen embargo, no sentido positivo si temos que salientar a importancia da implicación do traballo comarcal e local, e por suposto o realizado pola propia familia de Emilio Cao.
Cando baixamos dos púlpitos retóricos ó concreto, é decir; o seo do pobo, planificando, informando na rúa, comunicando no boca a boca, a nosa xente claro que responde e nese sentido o traballo desenvolvido polxs compañeirxs do Carballiño foi notorio. É por isto, tamén, que podemos entender, e só por isto disculpamos, as intervencións finais con un recoñecemento institucional tan expresivo a micro aberto, máis non podemos, de ningún xeito, compartir esa mensaxe nin esa actitude que, dende logo, fica moi alonxada do noso ideario e do noso “modus operandi”.
A bó fé son outros e outras, (o Sindicalismo Combativo, as PAH, as xentes da Fronte Cívica, persoas anónimas a título individual…) as que fincan o lombo e, ombreiro con ombreiro, día a día, nos deixamos o pelexo tratando de manter vivo o lume  das MMdD que, máis cedo que tarde, resultará letal para o sistema.
.
A nosa análise segue na liña das feitas nas anteriores mobilizacións, e tamén as conclusións son as mesmas:
1.- A mobilización foi un claro éxito, pero se algúns quixeran poido ser o dobre de éxito.
2.- Se hai vontade e unidade obreira e popular no criterio, o pobo (as clases populares) responde.
3.- As MMdD a pesares do empecinamento de alguns e algunhas en dalas por amortizadas, seguen a ter crédito antre amplas capas do pobo.
4.- Sen mobilización, non hai solución. Este é máis que un lema para berrar.

5.- So as MMdD poden desempeñar este papel histórico. Xestionando a unidade transversal dos movementos sociais, do sindicalismo de clase e dos factores políticos anticapitalistas, que crean de verdade nesta ferramenta.


As Marchas da Dignidade participaremos activamente na próxima mobilización o día 21 contra a POBREZA ENERXÉTICA que neste caso convoca a PAH.  Presentanse apoiando, esta vez, un elenco grande de organización de todo tipo. Agardamos que sexa para SUMAR e non para FIGURAR. Nós Imosss!!!  Seguimosss!!!

A POBREZA ENERXETÍCA MATA,

O 21D TODXS Á RÚA




martes, 6 de decembro de 2016

A VILA DO CARBALLIÑO ARROUPA AO SEU VECIÑO INXUSTAMENTE ENCAUSADO E O O POBO GALEGO RESPONDE AO CHAMAMENTO DAS MMdD. "NON A LEI MORDAZA!!!: TODXS SOMOS EMILIO CAO!!!"

Ó redor de 3000 manifestantes (segundo a policía municipal) sairon ás rúas do Carballiño (Ourense), o sábado día 3,  respondendo ó chamamento da Columna Galega das MMdD.
   NON Á LEI MORDAZA !!            TODXS SOMOS EMILIO CAO !!

VIDEOS DA MANIFESTACIÓN:
GALERIA DE FOTOS (Xabicas) 

A MOBILIZACIÓN NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN


http://www.galiciapress.es/texto-diario/mostrar/544670/manifestacion-no-carballino-reclamar-absolucion-emilio-cao

http://www.carballino.tv/manifestacion-en-o-carballino-sabado-dia-3-eu-tamen-son-emilio-cao/

http://www.galiciaconfidencial.com/noticia/42665-protesta-carballino-pedira-sabado-absolucion-mozo-detido-marchas-dignidade-2014

http://www.sermosgaliza.gal/articulo/social/sabado-no-carballino-represion-pola-absolucion-emilio-cao/20161130160901053190.html

http://www.fucobuxan.net/2016/11/marchas-da-dignidade-concentracion-en.html

http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/protesta-carballino-pedira-sabado-absolucion-joven-detenido-marchas-dignidad-2014/idEdicion-2016-12-03/idNoticia-1030375/

http://copecarballino.es/novas/plataforma-carballinesa-de-apoio-marchas-da-dignidade-pide-participacion-cidadan

http://www.noticiasvigo.es/esquerda-unida-sumase-mobilizacion-das-marchas-da-dignidade-apoio-emilio-cao-e-lei-mordaza/

https://elcomunista.net/2016/12/01/todosas-somos-emilio-cao-no-a-la-represion-y-a-ley-mordaza/

http://www.lavanguardia.com/vida/20161130/412286248422/una-protesta-en-o-carballino-pedira-este-sabado-la-absolucion-del-joven-detenido-en-las-marchas-de-la-dignidad-de-2014.html

http://eldia.es/agencias/8983550-protesta-Carballino-Ourense-pedira-hoy-absolucion-joven-detenido-Marchas-Dignidad

https://allevents.in/ourense/%C3%81-r%C3%BAa-contra-a-represi%C3%B3n/1737982566526513#

http://cronicadecantabria.com/cr/una-protesta-en-o-carballi-o-ourense-pedir-hoy-la-absoluci-n-del-joven-detenido-en-marchas-de-la-dignidad-de-2014/

http://www.diariosigloxxi.com/texto-ep/mostrar/20161203102032/protesta-carballino-orense-pedira-hoy-absolucion-joven-detenido-marchas-dignidad-2014

http://www.sermosgaliza.gal/articulo/social/centos-persoas-marcharon-carballino-solidariedade-co-estudante-emilio-cao/20161203132129053269.html

http://www.laregion.es/articulo/o-carballinho/carballino-mostro-apoyo-emilio-cao/20161203130345668536.html

http://irmandade.info/emilio-cao-se-me-condenan-tronzarianme-a-vida-por-completo/

http://www.noticieirogalego.com/2016/11/unha-protesta-no-carballino-pedira-a-absolucion-do-mozo-detido-nas-marchas-da-dignidade-de-2014/

http://playtele.teleame.com/manifestacion-en-carballino-en-solidaridad-con-emilio-cao/

https://es.noticias.yahoo.com/millar-personas-respalda-joven-gallego-encausado-marchas-dignidad-135028376.html

http://www.efe.com/efe/espana/sociedad/un-millar-de-personas-respalda-al-joven-gallego-encausado-por-las-marchas-la-dignidad/10004-3115360

http://www.elconfidencial.com/ultima-hora-en-vivo/2016-12-03/millar-de-personas-respalda-al-joven-gallego-encausado-por-marchas-dignidad_1082087/

http://ourense.sucurriculum.com/1425986_.htm

http://www.festivatvmagazine.com/187_usa-news/4196492_un-millar-de-personas-respalda-al-joven-gallego-encausado-por-las-marchas-de-la-dignidad.html

http://demoefe.ikuna.com/187_america/4196492_un-millar-de-personas-respalda-al-joven-gallego-encausado-por-las-marchas-de-la-dignidad.html

http://latino.foxnews.com/latino/espanol/2016/12/03/un-millar-de-personas-respalda-al-joven-gallego-encausado-por-las-marchas-de-la/

http://aguasdigital.com/alerta/leer.php?idnota=12388082&efenew=1

http://gaceta.es/noticias/respalda-agresor-agente-uip-galicia-03122016-1516

http://www.eldiario.es/politica/personas-respalda-encausado-Marchas-Dignidad_0_586891545.html

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2016/12/01/acto-absolucion-joven-detenido-marchas/1580157.html




venres, 2 de decembro de 2016

A PROTESTA É UN DEREITO. REPRIMIR É DELITO.....VIDEO ESTATAL PARA AS MOBILIZACIONS DESTRENZALIZADAS DAS MARCHAS DA DIGNIDADE CONTRA A REPRESIÓN O 3 DE DECEMBRO

Sin comentarios.  Eu vou!!!!!


NA VÍSPERA DO REENCONTRO, FACEMONOS ECO DA MENSAXE QUE EMILIO CAO TEN PUBLICADO NO SEU FACEBOOK, POIS ISO: “VÉMONOS NA RÚA” …IMOSSS!!!, SUMAMOS E… SEGUIMOS!!!

Emilio Kao

 “Achégase o día, e vendo o apoio e as mostras de solidaridade que suscitou o meu caso, gustaríame amosar o meu profundo agradecemento e afecto a todas e cada unha das persoas que me deron azos , e que me fan sentir que non estou só neste complexo momento polo que atraveso. O meu agradecemento a aquelas persoas que deixan de realizar os seus quefaceres diarios e obligacións para achegarse ao Carballiño a berrar contra a represión que nos afoga cada vez máis. Todo isto faime reflexionar que a pesar dos paus, retrocesos e obstáculos, ben vale a pena seguir batallando e construindo día a día, ese sistema xusto e igualitario co que moitas temos soñado máis dunha vez. Se as rúas do Carballiño se impregnan de dignidade e combatividade este sábado, será grazas a todas e todos vos. Moitísimas grazas. Vémonos na rúa.

xoves, 1 de decembro de 2016

“QUÉRENNOS SÓAS, TERÁNNOS EN COMÚN!!”: A UNIDADE, A SUMA, A CONSTANCIA NA LOITA É O ÚNICO CAMIÑO. NA MOBILIZACIÓN ESTÁ A SOLUCIÓN. O 3D NO CARBALLIÑO, IMOSSS!!!, SUMAMOS E… SEGUIMOS!!!

O 3 de decembro, o Carballiño e Emilio Cao, son unha data, un lugar e un referente que nos toca de preto á Columna Galega das MMdD no que atinxe a REPRESIÓN DO RÉXIME, un réxime que co seu proceder, plantexando como única resposta á discrepancia a represión, deixa ben as claras a herdanza que directamente tomou do franquismo nunha transición de mentira que lle deu continuidade as súas prácticas.
Non é só Emilio. Non é só no Carballiño e non será só o día 3 de decembro...  
As Marchas da dignidade seguiremos traballando, despóis deste sábado, por sumar a máis e máis persoas e a máis e máis organizacións á loita en defensa do ben común, da xustiza social e a prol de unha DEMOCRACIA con maiúsculas, da LIBERDADE, e polo PAN, TRABALLO E TEITO para todas e todos.
Non é só Emilio. Son centos e centos de persoas represaliadas polo mero feito de protestar contra a inxustiza, de loitar contra o afogamento ó que nos teñen sometidxs, de defender o que é noso, froito do noso traballo e da loita dos nosos maiores. 
Moitas están xa na cadea e outras moitas con data fixada para ser xulgadas, como é o caso (que tamén nos toca ben de preto), de Diego Lores, veciño do barrio de Coia en Vigo, que ten fixada a vista para o 17 de Xaneiro, ou o da nosa compañeira, Raquel, que está sendo xulgada en Zaragoza, tamén pola súa participación no 22M, con unha petición fiscal de 4 anos de cadea...
O 3 de Decembro non nos mobilizaremos só por Emilio Cao, será tamén por Diego, por Raquel, e por tantas e tantos represalidxs  que temos xa neste país e en todo o estado Español e non será só no Carballiño. Esta vila será o lugar de referencia contra a represión en Galicia pero , “NON ESTAREMOS SÓS, ESTAREMOS EN COMUN”, sumándo co resto  do pobo traballador, cas xentes de ben, das distintas nacións, rexións e comunidades do estado Español.
A data do 3 de nadal foi a que se decidiu pero non será só o 3 de nadal. Este sábado subiremos, con paso firme, o primeiro chanzo dunha loita que non se vai deter ate vencer.   O 3 DE NADAL  IMOSSS!!!, SUMAMOS!!!  E SEGUIMOS!!!

LIGAZÓN AO VIDEO EN YOUTUBE https://www.youtube.com/watch?v=ISy2Ezu68w0

mércores, 30 de novembro de 2016

O XORNALISTA CAMILO FRANCO SERÁ O ENCARGADO DE LER O MANIFESTO Ó FINALIZAR A MANIFESTACIÓN DO DÍA 3 NO CARBALLIÑO

Camilo Franco, escritor e xornalista moi vinculado durante un tempo ó Carballiño, será o encargado de ler o manifesto consensuado nas Marchas da Dignidade contra a represión e en apoio a Emilio David Cao Mota e a todas e todos os reféns do réxime.
Nado en Ourense no 1963, Camilo Franco viviu no Carballiño, onde foi corresponsal de “La Voz de Galicia”.
Xornalista, escritor, crítico teatral, narrador, ensaista, colaborador da Radio Galega, director da Escola de Teatro do Festival de Outono de Carballo...

Entre os seus traballos destacan:
 Narrativa
·        A lúa no cénit e outros textos1988Edicións do Castro.
·        En malos pasos1995Xerais.
·        Por conto alleo2003Galaxia.
·        Palabras contadas2006, Xerais.
·        Balada triste de moqueta2011, NóComún.
Ensaio
·        Ribadavia1993, Ir Indo.
·        Crítica e autores: artigos e entrevistas publicados en La Voz de Galicia, 2002, La Voz de Galicia.
·        Dez obras na vida de Roberto Vidal Bolaño2012Biblos Clube de Lectores.
Obras colectivas
·        Narradores de cine1996, Xerais.
·        Unha liña no ceo, 1996, Xerais.
·        Alguén agarda que volva alí1998.
·        Alma de beiramar2003Asociación de Escritores en Lingua Galega.
·        Narradio: 56 historias no ar, 2003, Xerais.
·        Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade2009, Difusora.
       Níxer2010Xerais.