mércores, 14 de outubro de 2015

SOLIDARIDADE CO CAMARADA NICANOR ACOSTA. TODAS E TODOS CON NICANOR, PORQUE NON TEMOS MEDO. “ELES” SÍ QUE O TEÑEN E POR ISO O LEVAN AO XULGADO. O MEDO ESTÁ A CAMBIAR DE BANDO.

#24OImos! Porque non queremos máis xente sen casa
Porque non nos serve seguir sometidas e sometidos ao perverso imperio da propiedade privada. Porque sabemos que se amorean as vivendas baleiras do mesmo xeito que se amorean as familias sen vivenda. Porque sabemos que aqueles aos que non lles importa, aos que non lles importamos, teñen nome propio e apelidos. Porque estamos dipostas e dispostos a combater sen cuartel a súa voracidade, a súa miseria moral, a súa crueldade. Porque non podemos permitir que o Capital siga a devorar vivendas, tampouco que ninguén en risco de perder a súa vivenda se sinta só ou soa. Porque estamos fartas e fartos de ver casas sen xente. Porque non estamos dipostas e dispostos a ficar quedos mentres continúa a traxedia de familias sen casa. Por todo iso, 
o #24OImos! #Obradoiro24O



 “MULTÁNNOS A NÓS PARA ASUSTARTE A TÍ”.  
ÁNIMO COMPAÑEIRO A VERDADE ESTA CONNOSCO
E A XUSTIZA ACABARÁ ESTANDO.


Ningún comentario:

Publicar un comentario