xoves, 22 de outubro de 2015

PLURALIDADE, XENEROSIDADE E SOLIDARIDADE SON AS SEÑAS DE IDENTIDADE DAS MARCHAS DA DIGNIDADE.

Queremos volver a lembrar, dende aquí, a importancia de que o 24-O, cada colectivo presente no noso movemento, se faga ver no Obradoiro e nas marchas previas. Sobre todo as plataformas de afectados, colectivos e movementos sociais en loita dura. Referímonos á Plataforma da Epatites C, ás PAH, ás Mareas Brancas, ós Bombeiros, os emigrantes retornados, etc.
É moi importante primar a PLURALIDADE.
Doutra banda a cuestión financieira é vital, e así os compas encargados desta área, lembrannos que a caixa está en "números perigosos". Nós, as MMdD pagaremos todos os gastos da infraestructura do Obradoiro, así como o material previo; carteis, faixas, etc. NÓS NON TEMOS, TARJETAS BLACK, SOBRES COMO OS QUE REPARTÍA BÁRCENAS, NIN SUBVENCIÓNS. NON AS QUEREMOS, NIN AS ESPERAMOS, NIN AS VAMOS A PEDIR. 
SOMOS POBO, SOMOS PODER E CONTAMOS CA SOLIDARIDADE E CA DIGNIDADE COLECTIVA.

Ó igual que o ano pasado haberá dez compañeirxs perfectamente identificadxs que se encargarán de pasar uns petos para a recadación económica durante a Marchas das tres columnas e no acto final na Praza do Obradoiro.
CONTRIBUIR CO QUE SE PODA, PORQUE:
“UNHA PALLA NON FAI PALLEIRO PERO  A BÓ FE QUE AXUDA, COMPAÑEIRXS !!! “

GRAZAS ANTICIPADAS POLA VOSA COLABORACIÓN 
 E APOIO. E GRAZAS TAMÉNA XS ARTISTAS QUE CONFORMAN O CARTAZ DO ACTO DE PECHE  NO OBRADOIRO POLA SÚA CONTRIBUCIÓN ALTRUISTA.

Imosss!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario