mércores, 21 de outubro de 2015

MARTIÑO NORIEGA HOXE CON UNHA DELEGACIÓN DAS MMdD: “O sábado 24 estaréi no Obradoiro”.

O alcalde recibiu a unha representación da plataforma, que o sábado se concentrará na Praza do Obradoiro.
Martiño Noriega expresa a solidariedade do Concello coas Marchas da Dignidade
O alcalde recibiu hoxe aos representantes das Marchas pola Dignidade, que o próximo sábado se concentrarán na Praza do Obradoiro para amosar "o seu rexeitamento ás políticas gubernamentais que serven aos intereses das elites económicas".

Martiño Noriega expresou o seu respaldo a esa manifestación, que se celebrará ás doce do mediodía, porque entende que segue habendo moitos motivos para que a plataforma se mobilice.

As Marchas pola Dignidade convocaron a concentración do sábado baixo o lema "Pan, traballo, teito e dignidade". A plataforma é un movemento social que en Galicia aglutina a máis de setenta organizacións e colectivos veciñais, sindicatos, organizacións políticas, colectivos sociais e grupos municipalistas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario