venres, 23 de outubro de 2015

ESQUERDA UNIDA ESTARÁ ESTE SÁBADO NO OBRADOIRO, NA MOBILIZACIÓN DAS MARCHAS DA DIGNIDADE, ESIXINDO #PANTRABALLOETEITO


Compostela, 23 de outubro de 2015. Esquerda Unida súmase á mobilización organizada polas Marchas da Dignidade, que terá lugar mañá sábado 24 ás 12h. no Obradoiro, e que contará coa presenza de Yolanda Díaz, coordinadora nacional de Esquerda Unida, Xabier Ron, Eva Solla, Ramón Vázquez e Juan Fajardo, membros da dirección de Esquerda Unida e deputados de AGE. 

Por que #Imos24O?
Dende Esquerda Unida cremos que todas as persoas teñen dereito a ter cubertas as necesidades básicas, ademais, tentar resolver os grandes problemas da inmensa maioría é, para nós, unha obriga. Por iso o #24O, #Imos.

Mobilización das Marchas da Dignidade
Hora: Ás 12.00 horas.
Data: Sábado, 24 de outubro.
Lugar: Praza do Obradoiro (Santiago).
Acuden: Yolanda Díaz, coordinadora nacional de Esquerda Unida, Xabier Ron, Eva Solla, Ramón Vázquez e Juan Fajardo, membros da dirección de Esquerda Unida e deputados de AGE. 

Gabinete de prensa.
Executiva Nacional de Esquerda Unida

Ningún comentario:

Publicar un comentario