martes, 13 de outubro de 2015

CHAMAMENTO DE PODEMOS GALIZA A COLABORAR NA DIFUSION E ORGANIZACIÓN DA VIAXE A COMPOSTELA PARA QUE O 24-O O OBRADOIRO SE ENCHA DE DIGNIDADE. “Todas coas Marchas da Dignidade”

No proceso de cambio que estamos a vivir os últimos anos, acelerado nos últimos tempos, son moitos os factores e os axentes que cada día nos sitúan máis preto de acadar que a maioría social de cambio, que xa é unha realidade, se convirta en cambio político.
 Cada día vemos máis preto que a vontade do pobo, a defensa dos dereitos humáns, a defensa do público, a xustiza social económica e medioambiental e a conquista da democracia deben de ser asumidas polas institucións, e para iso é preciso que todos os axentes de cambio sigamos empurrando e atacando dende tódolas frontes.
 En Podemos defendemos que estas frontes, fundamentais e indispensables para mudar a realidade son varias e complementarias, a vía institucional, loita para a que foi creada a nosa iniciativa, onde moitas activistas nos puxemos a traballar nese campo, a loita na rúa, onde as Marchas da Dignidade nos unen a todas pola defensa dos dereitos fundamentais e a rede de solidariedade entre os distintos axentes rupturistas, organizacións políticas e sindicais de base, movementos sociais e veciñais e plataformas cidadás.
 O traballo conxunto e solidario e a audacia estratéxica serán quen de sacarnos deste pesadelo neoliberal e poder conxuntamente comezar a contruír un modelo onde os intereses das persoas estean por riba dos intereses das elites económicas, e so construíndo colectivamente seremos quen de protexelaa. As lóxicas capitalistas e a súa pedagoxía inculcada a través de distintas vías, medios de comunicación, sistema educativo, discursos dos partidos tradicionais... capaces de atenazar e paralizar a unha sociedade, que se mostra aturdida e atemorizada, teñen que ser contrarrestadas por unha sociedade organizada que utilice ás organizacións como ferramentas para acadar colectivamente os obxetivos e non como departamentos estancos que viven uns alleos á realidade dos outros.
Este mes de outubro temos unha data importante no calendario da mobilización que precisa do apoio de tódalas persoas que cremos que xuntas Podemos, e é por iso que facemos un chamamento ás nosas bases e á cidadanía en xeral a colaborar na difusión e organización da viaxe a Compostela para que o 24O o Obradoiro se encha de Dignidade, berrando xuntas Pan, traballo, teito e dignidade, berrando xuntas que non somos mercadoría en mans de políticos e banqueiros e para que sintan o bufo dunha sociedade que xa está madura para coller as rendas da súa vida, para decidir por si mesma o seu presente e o seu futuro e porque temos moi claro que non se pode dar...NIN UN PASO ATRÁS!!!

Marcos Cal. Secretaría de Organización
Xabi Lombardero. Secretaría de Rescate cidadá

Ningún comentario:

Publicar un comentario