martes, 20 de outubro de 2015

A.E.R. PRESENTA NO CONCELLO DE REDONDELA A MOCIÓN A PROL DAS MARCHAS DA DIGNIDADE E NOS REMITE A SEGUINTE COMUNICACIÓN DE APOIO EXPRESO A MOBILIZACIÓN DO 24-O

LIGAZÓN a pax. Web co comunicado de apoio ás Marchas da Dignidade da AGRUPACION DE ELECTORES DE REDONDELA: http://www.aeredondela.com/#!COMUNICADO-Apoio-ás-Marchas-da-Dignidade/c1zzf/560c0c9c0cf2a7bb74bf7583ELA
As Marchas da Dignidade é un movemento social que en Galiza aglutina no seu seo a máis de setenta organizacións e colectivos veciñais, organizacións sindicais, organizacións e colectivos políticos e sociais, e grupos municipalistas como o noso.
As Marchas da Dignidade creáronse buscando a unidade de acción entre moitos colectivos e persoas que tiñan un obxectivo común, resumido nunha frase: pan, traballo e teito. Foron capaces de agrupar a máis de 300 organizacións de todo o Estado e mobilizalas en manifestacións multitudinarias que reflectían o sentir dunha gran parte da poboación.
O vindeiro 24 de outubro ás 12 do mediodía, as Marchas da Dignidade volverán á praza do Obradoiro a reivindicar os nosos dereitos.
Dende a Agrupación de electores de Redondela, AER, apoiamos esa mobilización e animamos a todas as persoas a que acudan ese día a Compostela a reclamar o que nos roubaron e a facer fronte a unha situación inxusta provocada pola cobiza do poder económico e o bipartidismo. No vindeiro pleno municipal, AER defenderá unha proposta en apoio das Marchas que adxuntamos.

Saúde.

Ningún comentario:

Publicar un comentario