domingo, 4 de outubro de 2015

ACORDOS XUNTANZA DA COMISIÓN COORDINADORA GALEGA DAS MMdD EN COMPOSTELA O 01/10/2015

Asistiron delegacions das Plataformas de; Ferrol, Compostela, Morrazo, Vigo e Barbanza, e das organizacións Xuventudes Comunistas, SF-Intersindical, Artes Escénicas, STEG, CUT, Sindicato da Elevación, CGT e Fronte Cívica-Somos Maioría,
Despois de facer unha valoración xeral da Asemblea do 19S en sentido positivo, ainda que se criticaron alguns aspectos entre eles o sentido "pesimista" dalgunhas intervencións,  acordouse plantexar  un debate máis amplo, despois do 24-O, para tratar as cuestións plantexadas na II Asemblea e que quedaron recollidas na acta da mesma que xa está na rolda de correo.
OUTROS ACORDOS ORGANIZATIVOS E TÉCNICOS PARA A MOBILIZACION DO 24-O E AS MANIFESTACIONS PREVIAS DO DIA 8 DE OUTUBRO:
*   Acórdase que para o 8 de outubro hai que sacar megafonías, panfletos, poñer mesas informativas para explicar o motivo das manifas, faixas nas pontes, etc.  Tamén enviar notas de prensa ou convocar roldas nos medios. A CUT fará as faixas galegas previo encargo e pago das mesmas.Recomendase cumplir cas 7 manifestacións, que xa están comunicadas e non quedarse en concentracions como propoñen algunhas plataformas, caso da de Ferrol que fará unha concentración ás 18:30 e anuncia que o luns ás 12:00 convocarán unha rolda de prensa. 
*    Acórdase participar na parada feminista do día 7 de outubro en Compostela animándo, no acto, ao colectivo feminista para que se sumen ás Marchas da Dignidade no 24-O http://praza.gal/movementos-sociais/9853/a-caravana-feminista-fara-nove-paradas-en-galicia/
*  Acórdase seguir e ampliar a dinámica de presentación de mocions nos concellos en apoio da movilización do 24-O. En varios concellos xa consta presentada e no do Barco de Valdeorras resultou APROBADA, sorprendentemente¿…?, co voto favorable do PSOE.
Na Coruña a Moción será debatida no pleno do luns 5 de outubro. Ademáis farán unha concentración o martes 6 á12:00 no Palexco durante o COngreso de Directivos, no que estará o Rei, Feijóo e varios directivos infames.
*    Acórdase solicitar para o día 13 unha xuntanza no Parlamento cos grupos da oposición BNG, AGE e Mixto e facer unha rolda de prensa á saida, as portas do Parlamente como se fixera o 29N. Chamase a todas as Plataformas e organizacions a garantir asistencia a este acto.
*    Acórdase que dende Compostela a Plataforma Galega de Artes Escénicas se encarge da organización do evento do Obradoiro e dos trámites e xestions necesarias a facer co Concello.
*    Dende a Comisión Coordinadora faise fincapé nas eivas que temos para movilizar na Comarca de Arousa, e tamén nas zonas do interior de Lugo e Ourense. Na víspera desta xuntanza representantes da CUT e o SF-Intersindical mantiveron xuntanzas de apoio en Monforte e Sarria observando moi bó ambiente. Recomendase seguir nesta dinámica.
*   Acórdase, para sufragar os gastos que xenere o acto do 24-O e para axudar nos de transporte á xente máis en precario, pasar petos durante ás sete manifestacións e tamén o día 24 no Obradoiro. As, e os, portadores dos petos deberán ir correctamente identificados. Neste mesmo punto de financiamento, os responsables lembran a necesidade de que todas as organizacions e plataformas se poñas ao día nas cuotas. Os datos para o ingreso están no directorio do blogue.
*    ACORDOS NO FORMATO DA MOBILIZACION DO 24-O:
Afundiránse as 5 columnas iniciais para conformar 3 grandes columnas na entrada do Obradoiro.
*    A COLUMNA NORTE, (Ferrol, Coruña, Bergantiños, Betanzos, Eume...) partirán do Mercado Gandeiro e entrarán no Obradoiro por Juan XXIII e Rúa S.Francisco.
*   A COLUMNA SUR-SUROESTE sumará Pontevedra, O Morrazo, Vigo, Val Miñor, Baixomiño, Condado-Paradanta, Arousa, Barbanza…, partirán do aparcadoiro do EROSKI CENTER/LIDL na Rúa da Volta do Castro, por Rosalía de Castro, Avda. Xoan Carlos I e bordeando a Alameda pola Rua de San Clemente para entrar no Obradoiro pola Avda de Raxoi.
*    A COLUMNA ESTE-SURESTE conformarana Lugo, A Mariña, Ourense, Carballiño, O Ribeiro, Allariz, A Limia, A Estrada, Deza, Valdeorras, Lemos, etc… partirán do Castiñeiriño e subirán pola Rúa do Horreo para entrar no Obradoiro pola Rúa do Franco.
*    A hora de chegada dos buses estará prevista para garantir a saída camiñando ás 11:00h dos puntos de encontró cara ao Obradoiro


Ningún comentario:

Publicar un comentario